20/2/17

Provincial campo a través

Ao redor dunha decena de rapaces e rapazas do Rosalía participaron o pasado sábado no campionato provincial escolar de campo a través, celebrado nas instalacións de Monterrei.
Aquí deixamos unha mostra do acontecido. Sobran as palabras.

19/2/17




#RosalíaTe: Día de Rosalía de Castro 2017


Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Como o vindeiro venres nós temos o desfile do entroido adiantamos unha semana a celebración do día de Rosalía. Velaquí as moitas instantáneas que nos fixo Luis. Grazas!

Museo galego do entroido, compadres...

Dende a Limia, no enlace seguinte, conta algo da nosa visita ó museo galego do Entroido que o alumnado de 3º e 4º de primaria fixemos esta pasada semana.
 http://www.dendealimia.com/articulo/entroido-2007/alumnos-colexios-xinzo-visitaron-museo-galego-do-entroido/20170216220633008767.html
E como non podía ser menos, este xoves corremos os "compadres". Aquí vos deixamos algunhas imaxes que din o ben que o pasamos. 

Arranca a última semana do entroido coas comandas do Meco, Á espera do xoves de comadres e o desfile o vindeiro venres 24. Ánimo!


14/2/17

Auditorio (Xistralia), Ourense, Pop Art...


Ourense 13 de feb.2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A xornada do luns 13 de febreiro foi una tanto especial para o alumnado de 3º e 4º de Primaria. Fomos unha vez máis a Ourense. Primeiro, no Auditorio, asistimos á obra de "Sandra e Meirol en Xistralia. Gaiteiros da Xistra" dentro da programación para escolares Afundación. Gustounos moito porque ademais poidemos gozar coa presenza dun coñecido para nós: César, o home orquestra. 
Despois de tomarmos algo de "sobre almorzo" o alumnado de terceiro, cun guía de luxo, José Ramón, aprendemos a mirar doutra maneira a Ourense (catedral, praza, as burgas...). Moitas grazas!
Os de 4º achegámonos ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para vermos a exposición de Pop Art Icons e aprender pasándoo moi ben, grazas á nosa guía, Tatiana.. Andy Warhol e Steve Kaufman xa forman parte da nosa cultura artística. Moitas grazas! E parabéns a tod@s!!!  

13/2/17

2ªXornada comarcal de campo a través

O pasado mércores 8 de xaneiro desenvolveuse no campo da Moreira a segunda xornada comarcal de campo a través onde participaron os 20 primeiros clasificados da 1ª fase. En total ao redor de 40 rapaces e rapazas do Rosalía.

Coma sempre, unha actividade moi motivadora, iniciándose na competición pero sen olvidar valores como a cooperación, respeto, integración, etc.


10/2/17

A ferida do vento: presentación en Xinzo

A FERIDA DO VENTO naceu para homenaxear a Carlos e á miña vila xusto no ano en que celebramos o cincuenta aniversario da publicación de VENTO FERIDO. Por iso, esta presentación ten un significado especial para min porque volvo ao corazón mesmo da novela e terei diante miña a moitxs lectorxs coas claves do texto. Velaí queda por se a alguén lle interesa. 
(Antón Riveiro Coello)

Vento ferido, medio século do nacemento dun clásico. Real Academia Galega

4/2/17

Participamos na I Feira de Educación en Ponte de Lima


Feira educaçao - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O venres 3 de febreiro, a pesares da borrasca, fomos ata Ponte de Lima para participar na "I Feira da Educaçao, Ciencia e Tecnologia" que se estivo desenvolvendo entre o día 2 e o 5. A maioría do alumnado de cuarto cos titores e co apoio de Lía e José Manuel gozamos dun día entre unha xente que sempre nos acolle extraordinariamente e nos fai sentir que xa formamos parte daquilo. Moitas grazas a Sandra, Gonçalo, Joao, Vera, Amandio... O Pinchas (a mascota da Área Protexida).
Con lemas como "Innovación: O futuro é hoxe" estivemos, como transportados efectivamente, en ambientes educativos innovadores e, canto aprendemos!!! Porque pasámolo moi ben, que é algo que permite que flúa unha aprendizaxe eficiente, e ó mesmo tempo, familiarizámonos un chisco con algúns contidos como as células, os bioindicadores saudables, o cáncer, a diabetes... E "alucinamos" (si, "babeamos") co traballo feito por algunhas escolas como as do agrupamento de escolas de Freixo. Cos monitores de Visionarium, cos de Laboratorio Aberto, con tod@s foi unha xornada inesquecible. Moitas grazas!!! Temos moito que aprender e realmente houbo momentos que se vía nos rostros, nas miradas unha atención chea de emoción. Isto enche. Pero tamén hai que dicir que hai cousas que sabemos facer mellor do que o fixemos e por iso incluín a foto que me enviou Jesús, o condutor, de como deixamos o autobús... (!!!) Temos esta débeda pendente. Polo demais, parabéns a tod@s.

2/2/17

O Casamento dos Paxariños: o Día da Marmota galego ou o Día de San Valentín?

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños.

Cristina en "Ti tamén contas"


   Este pasado martes, en "Ti tamén contas", ese espazo que é obra das nais e dos pais do Centro, tivemos a sorte de contar con Cristina, a nai de Carla que veu agasallar ao alumnado de Ed. Infantil cun conto. Moitas grazas, Cris!  Pola biblioteca foron pasando as aulas de infantil, por niveis, a alí gozaron deste tempiño que pretende mellorar a lectura, o gusto por ler, a atencion, a implicación das familias... a aprendizaxe.