16/12/09

Regalemos Galego

Na web dos ENDL está colgado, como iniciativa destacada, o catálogo de agasallos de Nadal en galego, feito polo CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral (unha nova proposta de catálogo actualizado de agasallos que nos ofrece un suxestivo percorrido polo mundo do lecer en galego co que poder sorprender os familiares e as amizades. Xogos electrónicos, libros, cine, computadores, xogos de mesa, documentais, música, roupa, mp4, móbiles etc. reunidos baixo un denominador común: o galego como lingua de aprendizaxe e comunicación. E sen esquecer algúns consellos importantes para exercer un consumo responsable). Preme na imaxe para ver ese catálogo.


Boletín da Biblioteca 2009

Presentámosvos o segundo número da nosa publicación onde entre outras moitas cousas poderes atopar recomendacións de lecturas e agasallos para toda a vosa familia. O EDIBI do CEIP Rosalía de Castro quere desexarvos unhas Felices Festas e un venturoso ano 2010. Ánimo e a ler moito.


Se o queres ver máis grande poder empregar este enlace:

http://es.calameo.com/read/00013804572d9c1586892

23/5/09

Semana da Interculturalidade: Países do noso cole

Ao longo de todo o curso 2008/09 vimos traballando este tema no noso centro. O primeiro que decidimos foi facer del o noso "leiv-motive" para o desfile de entroido. Cada ciclo escolleu un deporte e unha nacionalidade e fixemos unha gran desfile olímpico polas rúas da vila. Despois recollimos material das máis diversas fontes e elaboramos uns libros guías do países de procedencia dos alumnos e alumnas que hoxe están no noso cole. Como colofón a todas estas actividades preparamos unha exposición na biblioteca cos obxectos doados por asociacións de inmigrantes das distintas procedencias presentes no noso centro, pais de alumnos, e outros particulares. Esta exposición permanecerá aberta a toda a comunidade educativa a semana do 25 ó 29 de maio, tal como xa tiñamos anunciado. Tamén organizamos unha xornada de xogos populares de diversos países que coordinarán voluntarios dunha ONG, e unha degustación de algúns productos típicos desas nacións.
Se que queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC

Se queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC


Se queres velo a pantalla completa fai CLIC

20/5/09

Poesía e música... todo sensibilidade


Navegando, navegando, atopamos este interesante blog coas nosas obras mestras musicadas e interpretadas por grandes artitas. Non podes deixar pasar a oportunidade de ler doutra maneira. Escoita e disfruta...

17/5/09

Papacontos na Biblioteca

Recuperamos agora esta representación teatral feita e posta en escea por alumnos e mestres do noso cole, dentro dos actos que levamos a cabo no curso 2006/07 para a inauguración do novo espacio que destinamos á nosa biblioteca. Un proxecto que se ten afianzado e medrado dun xeito que quizáis entón non podiamos imaxinar. Moitas grazas a todos os que estes anos teñen colaborado con nós, e un recordo moi especial para Cristina, Ana Belén e Mª José. Témosvos sempre presentes.

15/5/09

Semana da interculturalidade


O ano 2008 foi declarado "Ano Europeo do Diálogo Intercultural". Nós levamos traballando este tema ó longo de todo o curso e agora temos previsto unha exposición na nosa biblioteca onde reflexemos as distintas realidades que conviven no noso centro. Estades todos invitados ...

Semana do Cine en galego

Para complementar os actos da Semana das Letras Galegas tamén decidimos por en marcha unha Semana do Cine en galego.

Semana das Letras Galegas 2009

Este é o cartel coas actividades que levaremos a cabo co gallo da Semana das Letras Galegas no noso centro

14/5/09

Ramón Piñeiro visto por nós

Video onde se relata a vida e obra do insigne galeguista ao que se lle adica o Día das Letras Galegas no ano 2009