16/4/20

Anímaste a facer o " Ti, tamén contas " virtual ?

Dentro do proxecto de animación á lectura, contamos dende hai varios anos coa colaboración das familias, de toda a comunidade educativa; por iso todos os cursos propoñémosvos, participar na actividade: Ti, tamén contas.



Sabedes que consiste en que o adulto que o desexe (pai, nai, avó, avoa, madriñas, padriños, tí@s, vecindade…tamén o profesorado) vén á biblioteca durante o horario escolar para lerlle ou contarlle un conto a un grupo de nenos e nenas.
Pola situación actual non podemos seguir facéndoo como é costume así que a proposta é que participes virtualmente: que fagas unha gravación lendo, contando o conto, nolo mandes ao correo electrónico do centro (ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es) ou por Whatsapp ao número 698161226 e nós encargámonos de poñelo na charca dos libros.  
A duración máxima do video non debe pasar de catro (4) minutos

No hay comentarios:

Publicar un comentario