22/12/20

Boas Festas! (e a desfrutalas con responsabilidade)

 Rematamos o primeiro trimestre deste curso tan especial. Ninguén podería ter asegurado que iamos ter uns primeros catro meses de curso tan "normais" como ao final así foron. As medidas de seguridade e distanciamento social tomadas e interiorizadas por tod@s @s que conformamos a comunidade educativa veñen de amosar uns resultados mellores dos que nun principio se podían prever. O papel fundamental do profesorado, concienciando ao seu alumnado do que realmente debiamos facer tod@s para minimizar o impacto desta pandemia e o comportamento extraordinario de todo o noso alumnado (dende os 3 ata os doce anos) fixo que o número de contaxios internos no centro fóra cero, e os poucos producidos fóra do entorno escolar, non tiveran ningún impacto entre o resto de compañeir@s c@s que compartían aula, patio, comedor, ...

Por esta razón e chegado este momento de parón, queremos recoñecer os esforzos levados a cabo por todo o persoal docente e non docente en cumprir e facer cumprir todos os protocolos establecidos no centro para manter á raia este maldito virus, pero sobre todo AGRADECER (con letras maiúsculas) o extraordinario comportamento de todo o noso alumnado (coa colaboración indispensable de todas as familias que conforman a nosa comunidade educativa) amosando un compromiso exemplar en todas e cada unha das situacións tan distintas e estranas que este principio de curso nos ten feito vivir. De corazón... MOITAS GRAZAS!

Desconectade, disfrutade destas datas (pero coa mesma responsabilidade que tedes tido no cole) ... e vémonos o 11 de xaneiro!





21/12/20

Felicitando as festas ás nosas persoas maiores...

 Hoxe foi unha mañá chea de fortes emocións. O alumnado de quinto de Ed. Infantil foi a felicitar estas festas ás nosas tan queridas persoas maiores da Residencia de Maiores "Santa Mariña" e do Centro de Día do noso concello. Debido á situación actual este encontro tívose que producir con certa distancia e temos que resaltar o comportamento exemplar de todas as persoas que nesta actividade participaron. Pais, nais, usuarios e traballadores de ambos centro e, por suposto, o noso alumnado, respectaron escrupulosamente todas as medidas de distancia social e fixeron desta mañá un momento de encontro entre xeracións moi emotivo e cargado de fortes sentimentos. 

Aproveitaron tamén para achegarse a felicitar estas datas ao membros do acuartelamiento da Garda Civil da nosa vila, que recibiron encantad@s esta visita.

A estes tres colectivos faranlles chegar en breves datas as postais de felicitación en formato dixital nas que durante estes derradeiros días estiveron traballando e que por motivos de seguridade sanitaria non lles puideron entregar en man.

Como ben figura na entrada da Residencia de Maiores "Santa Mariña", "Ganaremos esta batalla" e nos vindeiros anos seguro que xa poderemos voltar a ver como as distintas xeracións da nosa sociedade fúndese nunha grande aperta de cariño e respeito! Boas Festas para tod@s!!

 

infantil_nadal - Kizoa Movie Maker

VIII Concurso Tarxetas de Nadal

 Hoxe entregamos o premio ao gañador deste VIII Concurso de Tarxetas de Nadal a Hugo Rodríguez Rodríguez de 5ºB. Mañá, martes 22 de decembro, todas as familias da nosa Comunidade Educativa recibirán esta felicitación de parte de todo o persoal docente e non docente do noso centro. Moitos parabéns para tod@s @s participantes e, en especial, para o traballo gañador!





19/12/20

Estas semana visitou o noso centro... Manuel Seoane

 Dentro das actuacións que a Biblioteca Escolar leva a cabo, unha das que máis lle gusta ao noso alumnado é a presenza no centro dos autores e autoras dos libros que teñen ao seu dispor na nosa Charca.

Esta semana foi a quenda de Manuel Seoane, limián e mestre, ben coñecido na nosa comarca. Vén de publicar o seu derradeiro libro de contos "A Raiña Loba", que  conta coas ilustracións de Moisés Míguez, orientado polos seus profesores da Escola de Arte “Antón Faílde”, Carmen Lage e Luis Carreira, e co deseño e maquetación de Tonho Ferreiro, tamén profesor na “Faílde”.

 No relato sobre a lenda da Raíña Loba, o texto de Seoane, recolle e interpreta a tradición oral sobre os feitos acontecidos nun tempo incerto nese agreste e mítico territorio entre os concellos de Os Blancos e Baltar.

A Raíña Loba é a terceira entrega de libros infantís ilustrados sobre as lendas da Limia que edita o Centro de Cultura Popular do Limia, neste caso en colaboración co Museo da Limia, e da Deputación de Ourense. Os anteriores foran A Lenda da Lagoa de Antela, de Delfín Caseiro, e O Paso do Esquecemento, de Antón R. Coello, que temén podedes atopar na nosa biblioteca.

O alumnado de cuarto de Primaria xa está traballando con el, e a verdade é que lles encanta!!





Fonte da información: Onda Cero

18/12/20

Recomendacións lectoras (e non lectoras) para este Nadal. Boletín da Biblioteca nº 13

 Queridos nenas e nenos!

Dende o equipo da Biblioteca ademáis de desexarvos unhas FELICES FESTAS deixámosvos o Boletín de recomendacións de libros para todas as idades, por si vos poden axudar nos encargos navideños.

Aquí quedan tamén algunas suxerencias para estes días de lecer.

Música

O apalpador, de Brinca Vai

https://www.youtube.com/watch?v=qZPsO5m_Tns&t=81s

O apalpador  de Mamá Cabra, en LSE

https://www.youtube.com/watch?v=xkP4uxhqZb4

CD "Xa me tardan estes magos", de Mamá Cabra

Recopilatorio de canción de nadal de estilos moi diferentes

https://view.genial.ly/5fd7c94ae7f0ee0d6b6930a5/presentation-nadal-de-musica

Manualidades

https://www.pequeocio.com/manualidades-navidad-para-ninos/

http://www.mundoderukkia.com/2017/12/100-manualidades-navidad-ninos.html

Películas

  • Milagro en la  ciudad
  • Cuento de Navidad de Mickey
  • El Grinch
  •  Pesadilla antes de Navidad
  • Rudolph, el reno de Navidad
  • Mr. Magorium e a súa tenda máxica
  • Muchas gracias, Mr. Scrooge
  • Navidad, ¿bien o en familia?
  • Estaré en casa para Navidad
  • Arthur Christmas
  • Un vecino con pocas luces
  • Polar express
  • ¡Vaya Santa Claus!
  • Una navidad de locos
  • Gremlins
  • El Origen de los Guardianes
  • Elf
  • Nico, El Reno
  • Eduardo Manostijeras
  • Los Teleñecos en Cuentos de Navidad 
  • La Navidad de Charlie Brown


14/12/20

A Educación Física con Covid... mellor con Música!!

A situación pola que estamos a pasar fai que a área de Educación Física perda parte da súa identidade; compañeirismo, colaboración, traballo en equipo... son premisas que sempre estiveron presentes e as que lle dan ese carácter tan dinámico e particular a área, agora non perden o seu significado, solo se adaptan aos novos tempos. 
E aínda que non poidamos usar material auxiliar para as nosas sesións... quén o necesita tendo a música do noso lado?
 
Coordinación, equilibrio, resistencia, ritmo... ademáis dunha especial cooperación, traballo en equipo e compañeirismo que nos levan a pasar momentos divertidos nos que o traballo, aínda que presente en cada movemento, parece que pasa a un segundo lugar cando se está disfrutando.

Compartimos unha pequena mostra do "traballo" dos rapaces e rapazas de 1º curso:


 



Como nos di a propia canción de Avicci : 
"Un día todo quedará atrás, vive unha vida que recordarás"



12/12/20

III Concurso "Jóvenes y Mayores", terceiro premio provincial para Valeria!!

 O III Concurso de Debuxo e Redacción "Jóvenes y Mayores", que organiza "La Región" en colaboración coa Fundación Dorzán, brinda a oportunidade de rememorar unha vivencia especial entre os familiares a través dun relato ou un debuxo.

Durante o acto de presentación, o subdirector xeral de "La Región", Carlos Barbosa, explicou que esta convocatoria "pode ser unha actividade que axude a pasar un pouco mellor todas as dificultades que se están tendo"

Para Secundino Vidal, presidente da Fundación Dorzán, explicou que "con esta iniciativa queremos fomentar máis a interrelación entre os mozos e maiores, e precisamente este ano, cando os maiores están máis illados, queremos que os seus netos e os seus fillos achéguense máis a eles e préstenlles máis agarimo"

O traballo presentado pola nosa alumna Valeria Rodríguez Yebra foi recoñecido co terceiro premio na categoría de Educación Especial, unha das sete das que se convocaron neste concurso.

Moitos parabéns para ela e a súa familia, así como o recoñemento para o persoal docente e non docente da nosa Aula Específica, que tanto e tan ben traballan co seu alumnado. A seguir así, compañeiras Ana, Elena e Luz!!











2/12/20

03/12: Día Internacional das Persoas con Discapacidade. #BaixoOMesmoParaguas

En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas ao constante melloramento da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamado aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades. 

Dentro destas actuacións máis de 80 entidades sociais de toda Galicia decidiron conmemorar dende fai cinco anos esta data conxuntamente baixo o lema #BaixoOMesmoParaguas. 

Este ano, debido as condicións sanitarias, convídannos a facernos unha foto cun paraugas e un lema, para visibilizar a todas esas persoas con habilidades distintas e que teñen o mesmo dereito que os demais a ser consideradas dentro da normalidade, con igualdade de oportunidades e xustiza social.



27/11/20

"As mulleres ilustradas da Limia". Empodaremento feminino

"O logro da igualdade de xénero é máis que un obxetivo, é unha condición previa para afrontar o reto de reducir a pobreza, promover o desenvolvemento sostible e a construcción dunha sociedade xusta.

A miúdo as mulleres fomos marxinadas na “historia oficial” e se queremos un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres temos que facer un esforzo de recuperación de historias." (Saray R. Bohórquez .- CDR O Viso) 

Chegou ao noso centro da man da ANPA e de do Concello de Xinzo de Limia a exposición destas  fermosas biografías destas dez mulleres limiáns senlleiras que destacan nos distintos eidos culturais do noso país.
Ao longo destes próximos días todos os cursos irán tomando boa nota de como elas foron quen de asumir roles protagonistas nas súas diversas profesións e ser referentes para tod@s nós (mulleres e homes, nenas e nenos) de como non hai reto imposible que non poida ser levado a cabo por calquera unha/un de nós, sen importar xénero nen condición, educando sempre en igualdade e respecto, como leva facendo o noso centro dende hai xa 45 anos.



26/11/20

#NinUnhaMenos - 25N no CEIP Rosalía de Castro

Todo o alumnado do centro conmemorou dun xeito moi intenso esta data que tod@s desexariamos eliminar do noso calendario.... Recollemos aquí algunhas das actividades realizadas polos distintos grupos do centro.

A educación é a única solución! A única resposta posible é NON!!


25/11/20

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Nesta data reclámase a atención de toda a sociedade no feito de que a violencia de xénero contra as mulleres e nenas é unha das formas de violencia mais extendidas do mundo.

Dentro desta violencia temos todo tipo de actos que menosprezan e infravaloran ao colectivo feminino, podemos incluír formas mais sutiles como comentarios despectivos ou bromas, así como formas mais graves como poden ser agresións físicas ou sexuais. Todos os días de xeito consciente ou inconsciente prodúcense comportamentos sexistas na nosa sociedade, e o que queremos é que sexamos capaces de romper con eses comportamentos, e para iso debemos de ser conscientes deles para poder cambialos.

¿Por qué o 25 de novembro?

Pois ista data débese “As Mariposas” como eran coñecidas as tres irmáns Mirabal que foron asasinadas na República Dominicana durante a ditadura de Rafael Leónidas Trujillo tal data como o 25 de Novembro de 1960 por oporse ao réxime do ditador e loitar a favor da democracia. Convertéronse nun símbolo de loita en toda Sudamérica, tal é así que o movemento feminista latinoamericano elixiu a data da súa celebración o día 25 de Novembro de 1981 en conmemoración “As Mariposas”.

Finalmente en 1999 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas designa a data 25 de Novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Datas como a de hoxe, así como na do 8 de marzo (Día internacional da muller) úsase como símbolo un lazo de cor morada. A utilización desta cor parece non ter un orixe claro, habendo mais dunha teoría, déixoche aquí as mais extendidas:

Por unha banda temos que remontarnos a 1908 e concretamente a New York, onde as traballadoras dunha empresa téxtil se declaran en folga e o dono da fábrica en reprimenda decide prender lume a toda a fábrica deixándoas encerradas dentro, provocando mais dun centear de vítimas, a historia conta que nese momento estaban a traballar con teas de cor morado polo que ao incendiarse todo podíase divisar dende kilómetros de distancia unha gran columna de fume desa cor, polo que en recordo diso se adoptou a cor morada como símbolo da muller.

Outra teoría mais actual xorde da corrente feminista que busca a igualdade entre sexos, díse que socialmente o símbolo masculino asociase á cor azul e o feminino ao rosa, polo que a combinación de ambos sería o morado, e que polo tanto o que se simboliza con esta cor e a búsqueda da igualdade entre sexos en tódolos ámbitos.


Recursos Varios



Recomendacións de lectura facendo click na imaxe:





 

23/11/20

Traballos gañadores do II Certame de Relato Curto "... e volve vir a noite se Samaín"

O Equipo de Dinamización Lingüistica  convocou esta segunda edición do concurso de relato curto co galo da conmeración do Samaín. Temos que salientar que foi moita a participación entre todo o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria e que a calidade dos traballos presentados tamén foi notable.
Estes son os traballos gañadores por nivel, e, en breve, farémoslle entrega dun pequeno agasallo como recoñecemento ao seu traballo.  Aproveitamos tamén para felicitar a Eloy Rodríguez Pérez, gañador do concurso organizado polo Concello de Xinzo de Limia con esta mesma temática.
Parabéns para tod@s @s participantes e ... animarse a participar nas seguintes convocatorias!






13/11/20

Día das Biliotecas: "A nena do vestido de flores"

Hoxe conmemoramos o Día das Bibliotecas, eses lugares tan marabillosos onde podemos atopar un sinfin de viaxes por realizar a ese mundo da fantasía e das aventuras. A nós tocounos visitar unha das librerías que temos como referencia, o Espazo Nobel de Xinzo de Limia e traer para a nosa Charca o fermoso libro de Manuel Fontemoura "A nena do vestido de flores", unha belísima historia dunha "nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura. Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día." (https://airaeditorial.gal/titulos/nena-vestido-de-flores/)

Moitas grazas, Manolo, por este fermoso libro e agardámoste no cole cando queiras para que nos asines o noso exemplar e nos contes cousas sobre el....



31/10/20

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Conmemoramos neste 31 de outubro o Día das Letras Galegas debido o seu adiadamento dende o mes de maio. Unha celebración máis estrana e que as condicións sanitarias e de distanciamento social non nos permiten levar a cabo grandes actividades dun xeito conxunto no cole. En todas as nosas aulas tiveron nestes días un recordo especial para Ricardo Carvalho Calero, escritor ao que se adicou este ano esta grande homenaxe. 
Sirva esta pequena peza elaborada por Illa Bufarda para A Fundación para recordar os momentos máis sobranceiros da vida e obra do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua. 
Por mil primaveras máis!



Máis recursos e información en https://carvalho2020.gal/




Misteriosas presenzas no noso cole...

Samaín 2020. CEIP Rosalía de Castro. Ano complicado para compartir experiencias, para achegarnos, para poder facer cosas tod@s xunt@s... No medio desta situación algunha presenza aparece polo cole para encher de sonrisos (e algún que outro susto) ao noso alumnado. Moitas grazas querid@ compañeir@ por romper a regularidade do día a día e recordarnos que temos motivos para celebrar, conmemorar, facer  outros aprendizaxes distintos nestas circunstancias tan particulares que son tan ou máis importantes que os que aparecen nos libros de texto!



26/10/20

Recursos Samaín 2020

O Equipo da BE vén de recoller unha serie de recursos para traballar na aula referidos á celebración do Samáin que podedes atopar na nosa Biblioteca Escolar. Preme na imaxe para acceder a eles.





24/10/20

DÍA DA BIBLIOTECA

Nesta data celebramos o día do saber, da imaxinación, do pracer, do estudo, da cultura… Conmemoramos neste día 24 de outubro o Día da Biblioteca.

A iniciativa desta conmemoración remóntase a 1997, onde a asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, promove esta homenaxe ás bibliotecas tras a destrución da biblioteca de Saraxevo en 1992 durante o conflito balcánico. Querían con isto retratar e resurxir a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades, como lugar de convivencia, de formación e de cultura.

Certo é que as bibliotecas achegan o poder da lectura a tódolos públicos, independentemente da súa idade, posición e condición social, facendo que a cultura esté ao alcance de todos, e converténdose así nun axente igualitario da nosa sociedade. Hoxe en día as bibliotecas contan con recursos tanto en papel como dixitais, dotando aos usuarios da posibilidade de desenvolverse e acceder a tódolos contidos do mundo actual.

No eido educativo a biblioteca non fai mais que apartacións positivas ao noso colectivo. Convértese nun lugar de pesquisas interminables e saciador de curiosidades, nun lugar máxico onde perderse atopando libros, nun espazo de reflexión e aprendizaxe…  dándolle a posibilide a tódolos alumnos e alumnas de sentir voar a súa mente con cada parágrafo, con cada páxina… sendo cada libro unha viaxe a súa fantasía onde o único límite que teñen é a propia imaxinación.

Gozar do silencio exterior que rodea unha lectura chea de voces, persoaxes e aventuras, onde a inmersión lectora fará que perdas a noción do tempo, tempo o cal posibilitou vivencias e viaxes que na realidade física serían imposibles.


Vive mais, únete ao apaixoante mundo da lectura!






22/10/20

Merendas terroríficas!!

 


Concurso de minicontos de medo e terror

A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia vén de convocar o I concurso de minicontos de medo e terror. Aquí podedes atopar as bases e toda a información que é necesaria para poder participar. Animádevos!



Bases completas do concurso

1/10/20

A lectura alimenta as caldeiras do cerebro

Ler non é un gran placer. ÉCHE UNHA obriga moral. Para pensar e reflexionar. E pescudar ata chegar ás propias conclusións. Tamén para gozar. Para perderse na viaxe interminable dun libro, extensión da imaxinación e da memoria, dicía Borges. Importante é o camiño, a festa do verán, xoias e perfumes no mercado de cada porto, cantan os versos de Kavafis. Todo o que atesoura a viaxe é preferible a Ítaca. Case é o itinerario que percorre entre as follas cada libro.

Ler é unha necesidade. Se non lemos, como imos aprender a escribir? Se non sabemos escribir, como imos pensar? E se non sabemos pensar, xamais chegaremos a ser humanos. No corazón do libro late o rumor do poderoso silencio. Percorres inéditas sendas do pensamento. Descobres o mundo e tamén o mundo dos outros. E se persistes, ata os propios adentros.

A cunca das mans que sosteñen o libro énchese co dourado po da beleza, a textura do tempo, todos os aromas dos ociosos paseos polo xardín das palabras. E que máis? vestidos adolescentes da primavera, a morna luxuria do sol, todas as esculturas que desnuda o inverno, o viño novo do outono. E que máis? Ulises e Safo. A estilizada beleza de Nefertiti e os seis mil crucificados con Espartaco. Cervantes da man de Shakespeare. A tantos filósofos desfalecidos na procura da verdade. Nos libros late o medo que queimou a bruxas que só querían ser mulleres. Figuras como Gandhi, a nosa Rosalía, Marie Curie, Olof Palme vivirán sempre nos libros.

E que máis? A pólvora dos canallas. Versos quentando o corazón. Dragóns nos contos infantís. Bolboretas e todas as alas do ceo. Soños. E realidades: en 2018 editáronse 62.180 títulos. Medran os lectores aínda que un 38,2% non le nunca. Mágoa, pero ler, como amar, non soporta o imperativo.

Non poden gañar os desprogramadores do cerebro, ese big bang con cen mil millóns de neuronas. Enleadas en billóns de sinapses, nelas aniña a intelixencia e a fantasía. E os odios. As pulsións do sexo e os latidos da solidariedade. Creatividade para recrear un mundo onde importan todas as veciñanzas dos seres vivos.

Cada libro éche unha viaxe a rexións xamais visitadas. Por exploradores vacinados contra as enfermidades dos fundamentalismos, ou o camiño unidireccional. Do fascismo, ou o matonismo da violencia e do odio. Do fanatismo ou nada máis que a miña verdade. Por iso, a primeira lección do ler é a dúbida razoable. A lectura alimenta as caldeiras do cerebro. Contra os manipuladores e sicofantes e a feligresía onde medra o ruído, os berros, os fanatismos inventáronse os libros. Son baratos. Gratuítos nas bibliotecas públicas. Nunca excesivos. Duran toda a vida. Sempre volvemos a eles. Algúns terán un lugar privilexiado nos faiados da memoria.

Si, ler non é un gran placer. É moitísimo máis. E tamén un gran placer.

Un artigo do amigo

 

30/9/20

Morreu Quino, pero Mafalda será inmortal.

 
O debuxante arxentino Joaquín Salvador Lavado, un nome que dicía pouco porque era mundialmente coñecido como Quino, faleceu este mércores aos 88 anos en Mendoza, a súa cidade natal, onde se instalou fai tres anos, tras a morte da súa esposa. Ao quedar viúvo, o humorista quedou sumido na mesma tristeza que hoxe embarga non só aos arxentinos, senón ao mundo de seguidores da historia e vida ficticia da nena á que non lle gusta a sopa. 
 “Morreu Quino. Toda a xente boa no país e no mundo chorarao”, tuiteou Daniel Divinsky, amigo e editor histórico do artista. Fillo de inmigrantes andaluces, con trece anos empezou a estudar Belas Artes en Mendoza pero fartouse do clasicismo para dedicarse ao cómic. Aos 18 anos foi vivir a Buenos Aires e logrou publicar a súa primeira tira cómica en 1954 no semanario “Isto é”. 
   Tardaría dez anos máis en presentar en sociedade á súa icónico personaxe, converténdose co tempo nun máis dos mitos arxentinos. As aventuras de Mafalda publicáronse entre 1964 e 1973, pero seguiron reeditándose, traducíndose, replicándose en revistas e diarios, e percorrendo o mundo e as distintas xeracións durante medio século. Ata hoxe.
Quino creou á nena para un anuncio -que nunca viu a luz- da axencia de publicidade porteña onde traballaba para financiar a súa paixón polo debuxo. Ese mesmo ano publicara a súa primeira recompilación de chistes gráficos nun libro titulado “Mundo Quino”. A primeira historieta de Mafalda acabaríase publicando o 29 de setembro de 1964 no semanario ‘Primeira Plana’. O nacemento de Mafalda e o resto de personaxes das tiras, como Miguelito, Felipe ou Susana , ocorreu nos convulsos e revolucionarios anos sesenta de Arxentina e Latinoamérica. 
A nena de inocentes ideas progresistas e pacifistas marcaron e ilustraron a unha xeración nova e de clase media arxentina, boa parte da cal acabou desaparecida ou no exilio. Quino e a súa esposa, Alicia, decidiron irse a vivir a Italia ao iniciarse a ditadura en 1976 e instaláronse en Milán. Coa recuperación democrática en 1983, o artista seguiu residindo en Europa pero viaxou frecuentemente a Arxentina ata que hai uns anos regresou definitivamente ao seu país natal.
   Aínda que a súa vixencia no século XXI é total, o debuxo de Mafalda quedou conxelado en 1973. Quino alegou que se lle secaron as ideas e seguiu creando outras historias. Con todo, o humorista non dubidou en recrear á nena por unha boa causa, como cando en 1977 ilustrou con Mafalda a Declaración Universal dos Dereitos do Neno para Unicef. O debuxante e a súa “filla” foron obxecto de múltiples homenaxes e recibiron galardóns por todo o planeta, destacando no 2014 o título de Caballero da Lexión de Honra de Francia e o Príncipe de Asturias de Humanidades.

 https://www.lavanguardia.com/cultura/quino-muere-dibujante-ilustrador-mafalda.

 

Las mejores-vinetas-Mafalda-Quino- 

La curiosa historia de cómo Quino creó a Mafalda

28/9/20

A vocación de todo ser humano non é outro que ser boa persoa

Esta é unha das aprendizaxes dun bo libro "Carta a una maestra" escrito polo alumnado da Escola de Barbiana, seguindo o método da escritura colectiva. Cun Lorenzo Milani que segue sendo actualidade. Se o pasado luns traiamos aquí a Paulo Freire e a Pedagoxía do oprimido, este luns toca D. Milani e esta Carta de obrigada lectura para os que se dediquen ou queiran traballar en educación. E ter claro que o que discrepa non trepa, que segue habendo moito Pierino e a opción dalgúns é outra.

Hoxe unha representación da comunidade do noso Ceip volvemos abrazar a nosa realidade e dicir que esto non serve, que temos que xerar outro sistema.  Que a educación ten que servir para dar máis oportunidades ós que máis o necesitan. Aprendemos e exercemos a solidariedade como o modo habitual de relacionarnos. Grazas!

Dous referentes nos meus estudos de maxisterio nos comezos dos anos 80 en Salamanca. Sempre coa análise da realidade como referente e cunha educación que sexa útil para o mundo real. Se en algo insistía D. Milani era en estudar o mundo real, en analizar o que pasa, en ver por que ocorren as cousas. A escola non pode ser un sistema alonxado da realidade.

Reler Carta a unha mestra é cuestionarse cando nos tomaremos a educación en serio.

 

Velaquí algunhas reportaxes que xa circulan grazas a Dende a Limia e a Voz de Galicia: 

Dende a Limia en directo: Abrazo e Cacerolada  

https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/ceip-rosalia-faise-oir-cacerolada-multitudinaria

La Voz de Galicia. Edición Ourense 

📹 EN VÍDEO | [20:10] Familias y pequeños del CEIP Rosalía de Castro, en #Xinzo de Limia, protestan con una cacerolada por la alta concentración de alumnos en dos aulas del centro educativo. Imágenes de Miguel Villar.
 

E unhas fotos desta acción feitas por Eva (ANPA). Graciñas.

 









 

Día Mundial do Corazón

   O Día Mundial do Corazón celébrase cada ano o 29 de setembro, e faise desde que no ano 2.000 a Federación Mundial do Corazón, co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS) designase este día, co obxectivo de concienciar sobre as enfermidades cardiovasculares, a súa prevención, control e tratamento.

    As enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de morte no mundo. Os infartos de miocardio e accidentes cerebro vasculares cóbranse máis de 17 millóns de vidas ao ano. E estímase que a cifra ascenderá a 23 millóns para o ano 2030. 

    Unha gran proporción destas mortes podería evitarse cunha alimentación saudable que reduza o consumo de sal, con exercicio físico e evitando o consumo de tabaco. 

   Como coidar o teu corazón? A OMS pretende convencer ás persoas en todo o mundo de que se pode facer un cambio positivo e coidar o teu corazón e o dos teus seres queridos, cun compromiso para a nosa saúde.  

   Algunhas das cousas que podes facer para coidar o teu corazón son:

- Cociñar e comer san: dieta mediterránea evitando o consumo de graxas saturadas e aumentando a inxesta de omega 3 e peixe.

- Facer exercicio físico, polo menos media hora diaria. 

- Limitar o consumo de substancias prexudiciais como o sal, o tabaco ou o alcol. 

-  Controla o colesterol. 

- Controla o teu peso. A obesidade é un risco cardiovascular importante.

 


 https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-corazon

 

27/9/20

Día Europeo das Linguas

 


Onte 26 de setembro, foi o Día Europeo das Linguas; creado polo Consello de Europa para promover a diversidade lingüística. 
Celebrámolo compartindo con vós este fermoso poema de Antón Cortizas, titulado "Tamaño", do seu poemario Anatomía da lingua.
 
"É tan grande esta miña
pequena e humilde lingua
que nunca chegarei
a pronunciala enteira" 
 
 
 

26/9/20

ABRAZO ó ROSALÍA E "CACEROLADA": LUNS 28 ÁS OITO DA TARDE: CONTAMOS CONTIGO!

   De novo este vindeiro LUNS, 28, ás 20h IMOS RODEAR O COLEXIO POR SE AÍNDA NON SE ENTERARON QUE TEMOS O MELLOR DENTRO E QUE NOS IMPORTAN AS NENAS E OS NENOS.

 

   E faremos unha "cacerolada" para visibilizar a nosa protesta colectiva ante a decisión que manteñen de termos 2 aulas con 25 e 24 nenas/os cando o curso anterioo tiñamos 3 con 17, 16 e 16. E sen pandemia. E outros niveis tamén con 24 e 23 alumn@s por aula. 
   E seguimos lendo, escoitando que a Consellería contratou 2.000 profesores para novas incorporacións (240 para infantil e primaria) e resulta que aquí quitáronnos un. E o publico en xeral acaba coa idea de que si, que se mira pola educación, porque os medios contan o que poder quere que conten. 
E resulta que a realidade é outra. E a realidade é a que ten a razón.
Mantemos a nosa protesta porque o primeiro é a saúde, porque queremos poder dar unha atención de calidade, porque non podemos permitirlles que nos ninguneen desta maneira, porque non podemos consentir que sobre todo ó alumnado que máis o necesita non se lle posibilite unha atención que o curso pasado tiña. E loitamos polo cambio que queremos ver. Sabendo que o partido non acaba ata que acaba.
 
Así o recolleu o Dende a Limia:

24/9/20

Que é GaliciaLe?


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

 GALICIA LE

A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

·      QUE É?

·      QUE PRECISAS?

·      COMO LER?

·      COMO VER UNHA PELÍCULA?

 


      itorial

Titorial

Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.

Se esqueciches o teu contrasinal, preme aquí

Se desexas cambiar o teu contrasinal, preme aquí

Se non dispós de credenciais para acceder a GaliciaLe ou non as coñeces, podes solicitalas na túa biblioteca.

Se aínda non tes carné ou o que tés xa non está en vigor, diríxete a unha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a. Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.

Unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.