29/1/19

Día escolar da Paz e a Non violencia

 
Celebramos, como cada 30 de xaneiro, o día escolar da paz e a non violencia.
Desde 1964, o día 30 de xaneiro conmemórase nas aulas o Día Escolar da Nonviolencia e da Paz. Foi nese mesmo día cando, en 1948, Mohandas Karamchand (“Mahatma”) Gandhi –líder espiritual dun dos movementos anticoloniais máis pacíficos e de máis impacto na historia do mundo moderno– morreu asasinado no seu país natal da India. Celébrase nas escolas o día desa tráxica perda para que as novas xeracións nunca esquezan que a única maneira de lle poñer fin non só a actos tan violentos como os asasinatos ou o colonialismo, senón a calquera acto de violencia, é mediante a educación. (Documento Nova Escola Galega)
No Ceip Rosalía de Castro traballamos a partires dunha actividade que nos propuxeron as compañeiras do Equipo de Convivencia. Aquí tedes unha mostra do feito estes días por este motivo. Parabéns artistas! 



Enlaces a materiais do Grupo de Educador@s pola paz (NEG)
http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=4&MenuId=169&Lng=&tl=0

Documentos
DEZ CAMIÑOS ALTERNATIVOS CARA A UNHA EDUCACIÓN PARA A PAZ
TRINTA DE XANEIRO 2013 - TRINTA ANOS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
PRONUNCIAMENTO SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA
XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES POLA PAZ, Vigo 18 ao 20 de abril
CONCLUSIÓNS DO XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
PROGRAMA XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
CARTEL XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
Declaración Universal dos Dereitos Humanos
UNESCO. MANIFESTO 2000 para unha cultura da paz e a nonviolencia
ESCUELA: Entrevista a Xesús R. Jares (2ª parte)
ESCUELA: Entrevista a Xesús R. Jares
O máis básico. Xogos cooperativos
O máis básico. Violencia escolar
O máis básico. Educación para a Paz
O máis básico. Educación e dereitos humanos
O máis básico. Conflito e convivencia

Adicción ás pantallas?

«Hay que tratar la adicción al Fortnite como la de la droga»

 María Gallego recibe en su consulta a padres desorientados e hijos agresivos y enganchados a las pantallas. «Tienen que estar fuera del dormitorio. Y si el hijo no lo acepta de buen grado, es que hay un problema grande», advierte la especialista, que insiste en la importancia de la prevención

María Gallego, psicóloga infantojuvenil y de adultos en el hospital HM La Esperanza de Santiago, advierte de que padres e hijos tienen un problema con las nuevas tecnologías e incide en que ese problema está afectando a la conducta y al descanso de los menores. «No duermen como deberían», apunta.
1. ¿Ves mucha adicción a las pantallas?
Cada vez más. De hecho, colectivos de pediatras, logopedas y psicólogos piden a las autoridades que hagan campaña sobre los efectos de la sobreexposición a las pantallas, como se hace con otras adicciones. La adicción a las pantallas se debe prevenir y tratar con el psicólogo y el psiquiatra.
2. ¿Qué pauta han de seguir los padres?
La Academia Americana de Pediatría y la Asociación Española recomiendan evitar totalmente la tele, las tablets y los móviles antes de los 2 años. Y los estudios concluyen que los niños emplean más tiempo ante la tele que en cualquier otra actividad.
3. ¿Hay que tratar el enganche al «Fortnite» como otras adicciones?
Por supuesto, como al alcohol, al tabaco o a la droga. Hay que analizar cada caso, pero el niño ha de entender lo que sucede en su cerebro y comportamiento. Muchas veces se vuelven agresivos.
4. Esto influye en el descanso. ¿Duermen los niños las horas que necesitan?
No, el 30 % de los preescolares y entre el 50 y el 90 % de los escolares no duermen como deberían.
5. ¿Fuera del dormitorio las pantallas?
Rotundamente, fuera. Es abrumador el porcentaje de adolescentes que no descansan por usar el móvil, da igual que sea viendo una serie, en WhatsApp o en Instagram. Si el hijo no acepta de buen grado dejarlo en otra estancia, es que hay un problema grande. Hay que restringir el uso.
6. Hay casas con padres e hijos que ven cada uno su serie con los cascos puestos.
Es un problema que también se está cargando el núcleo de la familia. Tenemos que ser modernos en las cosas que hace falta serlo. Los niños tienen que aprender a tolerar frustraciones, y si el padre quiere ver algo en la tele, tendrá que hacer como hemos hecho todos, porque no va a mandar.

28/1/19

AULA MADRUGADOR@S

ANPA CEIP ROSALÍA DE CASTRO
ANPA CEIP CARLOS CASARES

Estimadas familias:
O próximo día 4 de febreiro está previsto que comece o servizo de madrugadores organizado               polas ANPAS, no CEIP Rosalía de Castro, e poderán ir nenas e nenos dos ámbolos dous                colexios. Haberá un transporte para achegar ata o CEIP Carlos Casares ás nenas e nenos que                utilicen o servizo.
 As condicións son as seguintes:
- Horario: 7:30 - 9:15
- Socios:  - Prezo: 55€/mes/nena/o - 2º Irmáns e seguintes: 40€/mes
                - Bonos 10 días: 35€ (personalizados para cada nena/o e a utilizar durante todo o curso os días que funcione a actividade)
- Non socios: - Prezo: 70€/mes/nena/o - 2º Irmáns e seguintes: 60€/mes
                      - Bonos 10 días: 45€(personalizados para cada nena/o e a utilizar durante todo o curso os días que funcione a actividade)

Para anotarse avisade ás xuntas directivas das ANPAS correspondentes seguindo os medios de comunicación habituais antes do próximo martes día 29 de xaneiro de 2019.
Para poñer en marcha a actividade cómpre ter un número mínimo de anotados. Cando se            alcance ese número avisaremos aos interesados para que formalicen a inscrición.

Atentamente:

Clara Mª Rodríguez e Martínez Manuel Pozo Fariñas: Presidenta ANPA CEIP Rosalía de Castro e  Presidente ANPA CEIP Carlos Casares

 En Xinzo de Limia, a 24 de Xaneiro de 2019 

23/1/19

Onte Eva, hoxe Cristina: Ti tamén contas.

 Seguimos gozando con "Ti Tamén contas". Esta semana veu Eva (nai de Lucía e Samuel) para o alumnado de 1º de primaria e Cristina (nai de Ada) para as aulas de Infantil. Moitísimas grazas!!!





"Si desde los tiempos primitivos, en que la gente se reunía en círculos alrededor del fuego, o desde la Edad Media cuando los trovadores cantaban sus baladas hasta los tiempos modernos de la televisión, la gente se ha deleitado escuchando historias y poemas, los niños y niñas de todas las edades deben tener la oportunidad de escuchar de parte de sus educadores y de los adultos en general buena literatura con la mayor frecuencia posible".
                                                                                                  La importancia de leerle a los niñ@s 

22/1/19

Galicia le: Novidades

eBiblio Galicia, o catálogo de préstamo de obras en castelán de GaliciaLe, incorpora o Banco de Contenidos de aulaPlaneta, a  maior compilación de contidos en español que abarca todo o coñecemento humano e constitúe unha excelente ferramenta de apoio para o alumnado e unha completa obra de consulta para os adultos. Achégate a coñecelo en https://galicia.ebiblio.es/opac/?locale=gl#indice  e visita, ademáis, as novidades editoriais máis recentes.  


                   

21/1/19

Seguimos mellorando os espazos e as actividades

 

    
 


 Velaquí como ten ido collendo un aspecto atraínte este espazo, antigo laboratorio, despois sala de informática e agora espazo creativo anexionado á biblioteca do centro.
Ultimamente púxose unha pantalla e proxector e por fin comezaron os distintos recunchos (non todos) a funcionar. Hoxe, ademais dos ordenadores, seguían os xogos de mesa, os experimentos e o noso escornaRa... Seguiremos informando.
Cada semana, na hora de recreo os cursos dun mesmo nivel poderán acceder a este espazo e gozar das distintas actividades que temos planificadas. Ademais no horario semanal que cada aula ten da biblioteca os titor@s poden acceder ós recursos que seguimos incorporando.  

Non haberá a tradicional festa fin de curso en Culleredo

Neste 21 de xaneiro recibimos por correo electrónico o anuncio de dous cambios importantes no programa de Voz Natura. 

En primeiro lugar comunícannos que se incrementa a dotación económica dos premios. O centro educativo seleccionado como premio Galicia levará 5.000 €, os premios provinciais 2.000 € cada un e, como novidade, o premio infantil terá unha cuantía económica de 2.000 €.

Ademais, tal e como publica hoxe a La Voz de Galicia
a tradicional festa fin de curso substituirase por un acto no que se entregarán os premios aos mellores proxectos medioambientais. Terá lugar a mediados do mes de xuño no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre. Isto implicará que non haberá exposición final de traballos.  

Sentimos, despois de varios anos participando neste encontro, que deixe de realizarse. Para nós era unha saída moi especial polo goce de encontrarnos con outra xente, aprender moito na exposicións dos traballos dos diferentes centros e tamén por ser unha xornada lúdica de referencia.



18/1/19

No mercado, cos bolechas, con Lito e no Xpazo

Si, algo de todo. Actividades fóra do Centro: no Mercado (peixería, carnicería, Coren...) o alumnado de Infantil, no Xpazo, coñecendo de primeira man este proxecto social e cultural alternativo con un mes de vida, o alumnado de 4º de primaria; recreando neste acolledor local e alentados polos artífices que o promoven unha actividade de colaboración, emprendemento, innovación... Grazas a todas estas persoas que nos posibilitan estas visitas e actividades. 
E tamén no centro; o alumnado de 1º e 2º de primaria cunha actividade moi dinámica e divertida dos bolechas: os electrecos nunha importante misión ecoloxista: axudar a reducir e reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. E se nesta actividade o animador era un crack xusto co alumnado de 6º de primaria tivemos outro, ben coñecido aquí entre nós: Lito cos xogos populares do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo. Graciñas e parabéns.

17/1/19

Concurso: 8 de marzo


A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:
alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato

Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación
Prazo: ata o 15 de febreiro de 2019.

16/1/19

RETOS LECTORES 2019


Querid@s estudantes:

Hoxe é unha data importante porque iniciamos unha NOVA viaxe fantástica. Para esta viaxe, precisaredes un documento de identificación e de constancia do voso percorrido: Un pasaporte!!!
Neste caso será un "pasaporte de lectura" que reflectirá a vosa viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos aportan a tod@s. FELIZ VIAXE!!!


Bases de participación

1.   Elixe e marca un reto de lectura.
 
2.   Le un libro que coincida co teu reto.
3.   Cubre a ficha de lectura. (Está na biblioteca na caixa Retos de lectura 2019).
 
4.   Escribe no pasaporte o título do libro.
 5.   Cando che corresponda* vai á biblioteca e entrega  o pasaporte e a ficha  cuberta. Se o reto está superado conseguirás un selo. Non esquezas levar o libro. 
 
6.    Se acumulas polo menos 5 selos entrarás no sorteo dun agasallo.

* Referímonos á hora en que vai cada aula á biblioteca. Nese momento alguén do equipo da biblioteca comprobará se se superou ou non o reto. 

15/1/19

I CONCURSO FOTOGRAFÍA ESCOLAR

Dende a ANPA do C.E.I.P. Rosalía de Castro CONVÓCASE un concurso fotográfico, dirixido a todos os seus socios:
           
¨Así é a miña vila, así é a miña xente¨

Os obxectivos do concurso son a posta en valor da vila onde vivimos e convivimos. Se observamos e recoñecemos como noso o que nos rodea, obtemos unha reflexión máis intensa sobre como queremos, podemos e debemos vivir e coidar a nosa vila,  os seus costumes, as súas paisaxes e as súas xentes.

BASES

1. Prazo de presentación:
Dende o luns 14 de Xaneiro ata o  venres  25 de Xaneiro.
As fotografías  presentaranse reveladas en papel fotogrático dentro dun sobre pechado e que ademais veña acompañado dunha folla cos seguintes datos:   Título, nome do autor ou autora, idade  e teléfono de contacto.   Entregaranse na oficina da ANPA no colexio.
2. Tamaño foto: 20 x 25cm, en color ou branco e negro. Deben ser orixinais e non presentar retoques dixitais.
3. Cada alumno/a poderá participar cun máximo de 3 fotografías.

CATEGORÍAS

1- CARACOIS: Participantes de 3 a 7 anos.
2- RAS: Participantes de 8 a 12 anos.
O xurado estará composto por tres profesionais da fotografía. Os criterios de avaliación do xurado serán: o tratamento do tema, a creatividade e a calidade fotográfica.  
O fallo do concurso darase a coñecer a través do facebook  da ANPA.
Haberá tres PREMIOS por categoría.                                                   


TEMÁTICA e INSPIRACIÓN

Os traballos  mostrarán o día a día das aldeas ou vila/poboacións onde vivimos, as súas paisaxes e xentes. A organización  intentará preparar unha exposición con todas as fotografías presentadas. A súa inauguración anunciarase oportunamente.

Anpa Rosalia de Castro                                                                                                                        amparosaliadecastro2016@gmail.com

14/1/19

2019: Antón Fraguas

Antón Fraguas protagonizará o Día das Letras Galegas de 2019. Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor depurado polo franquismo e querido polo alumnado, narrador oral excepcional e intelectual cunha popularidade pouco común, Antón Fraguas Fraguas (Loureiro, Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. Cos seus traballos e conferencias contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento, unha idea cuxa reivindicación segue a ser necesaria.

                    Antón Fraguas, á esquerda nunha imaxe de 1925 e nos últimos anos da súa vida. 
                       Imaxes cortesía do Museo do Pobo Galego e o Consello da Cultura Galega

A biografía de Antón Fraguas é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX. Entrou en contacto desde moi novo co galeguismo, cando estudou bacharelato en Pontevedra, unha etapa decisiva no rumbo que seguiría. Alí empezou a xermolar, como alumno no Instituto Xeneral e Técnico, o seu interese pola cultura galega da man de docentes como Antón Losada Diéguez, Castelao e Ramón Sobrino Buhigas. Foi, de feito, un dos fundadores, en 1923, da Sociedade de Lingua, nada co obxectivo de defender o galego e de elaborar un dicionario. Xa na etapa universitaria en Santiago ingresou, en 1924, nas Irmandades da Fala e colaborou co SEG, do que logo sería membro numerario.

Nesta institución inaugurou en Galicia, baixo a dirección de Ramón Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica, e abordou o Entroido e outros temas sobre a súa terra. Nestes tempos de mocidade publicou con asiduidade en Nós e A Nosa Terra. Comezaba unha obra, ampla e curiosa, con máis de trescentos libros e artigos de revistas, ademais de incontables anacos de xornais, nos que Galicia era o seu motivo esencial.
Antón Fraguas escribiu sobre xeografía, cunha proposta de comarcalización da que aínda se pode seguir tirando proveito; cultivou a historia, deixando biografías de personaxes ilustres como Murguía ou Castelao e a que foi a súa tese de doutoramento, sobre o Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela; e fixo tamén achegas á arqueoloxía. Pero o campo no que quizais máis destacou foi o do estudo da cultura campesiña, e en especial da súa parte espiritual. Festas, crenzas, romarías, cantigas, usos e costumes, dicires etc. aparecen nos seus ensaios e conferencias que eran, en palabras do profesor Eiras Roel, non só amenos relatos, senón unha manifestación temperá e adiantada para Galicia do que hoxe se deu en chamar a historia das mentalidades.
Tras exercer como profesor auxiliar de Xeografía e Historia na USC, en 1933 incorporouse como docente ao instituto da Estrada, posto do que foi separado ao comezar a guerra civil. Por este motivo tivo que dedicarse ao ensino privado, que exerceu nunha academia propia, a Menéndez Pelayo, aberta en 1938 na rúa Algalia de Abaixo de Santiago. A partir de 1942, unha vez revisado o seu expediente de depuración, compatibilizou a dirección desta escola coa docencia na Facultade de Filosofía e Letras, que reclamara os seus servizos, ata que en 1950 gañou unha praza de catedrático de instituto. Ensinou primeiro no Instituto Masculino de Lugo e en 1959 acadou o traslado ao daquela Instituto Feminino Rosalía de Castro de Santiago, onde compaxinou o ensino medio co universitario ata a súa xubilación forzosa en 1975.
Compaxinou o ensino coa investigación en contacto con distintas institucións como o Instituto Padre Sarmiento ou a Real Academia Galega, na que ingresou en 1956 co discurso Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago en Bonaval e en 1976 participou na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi director e presidente. Foi tamén, xa na Autonomía, coordinador da sección de antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega. Desde estas palestras organizou e colaborou en congresos e xuntanzas científicas que serviron de foro de discusión e de posta ao día do universo da etnografía galega.
Recibiu, entre outras distincións, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, a Medalla ao Mérito Cidadán e Cultural do Concello de Santiago, o Premio de Investigación e o Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia, ou o nomeamento de cronista xeral de Galicia.

Xaneiro: datas voz natura

26: Día da educación ambiental
28: Día mundial pola reducción das emisións de CO2
30: Día escolar da paz e a non violencia


O CEIDA como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, está comprometido coa "educación ambiental de tódolos sectores sociais" do país e articula, para acadar este fin, unha serie de programas de educación e sensibilización ambiental dirixidos a todos os cidadáns e cidadás.
Moito se ten falado da función da educación ambiental na construcción do chamado "desenvolvemento sustantábel", mais para o CEIDA os obxectivos que debe perseguir son claros:
  • A educación ambiental ten que ser social, un proceso participativo que implique ás persoas e a os colectivos sociais, como centros de ensino, xestores e políticos, etc., na toma de conciencia, negociación e resolución dos problemas ambientais.
  • A educación ambiental ten que ser práctica, dirixida sempre á resolución da crise ambiental actual, identificando as relacións causa-efecto dos problemas socioambientais e investigando as boas prácticas que axudan a resolvelos.
  • A educación ambiental ten que ser crítica, denunciando as accións e desigualdades que causan ou agravan moitos dos problemas ambientais actuais.
  • A educación ambiental ten que ser integradora, xa que non desbota ningún coñecemento, ciencia, técnica ou ferramenta que axude no proceso pedagóxico, e tampouco desbota ningún eido, xa que contempla coa mesma relevancia o máis específicamente local e o mais global.
Todos estes principios son asumidos polo equipo educativo do CEIDA na súa praxe educativa, constituíndo tamén un criterio de calidade para os programas de educación e sensibilización ambiental que desenvolve.

9/1/19

O 2019 xa está aquí: un brinde de palabras


 As Nacións Unidas propoñen que o 2019 sexa o Ano Internacional das Linguas Indíxenas. A Voz da Escola do 9 de xaneiro faise eco disto e agasállanos cun brinde de palabras (Jesús Garrido). Poñemos a continuación o texto  "La Palabra" de Pablo Neruda de "Confieso que he vivido".

 …Todo lo que usted quiera, sí señor, pero son las palabras las que cantan, las que suben y bajan… Me prosterno ante ellas… Las amo, las adhiero, las persigo, las muerdo, las derrito… Amo tanto las palabras… Las inesperadas… Las que glotonamente se esperan, se acechan, hasta que de pronto caen… Vocablos amados… Brillan como perlas de colores, saltan como platinados peces, son espuma, hilo, metal, rocío… Persigo algunas palabras… Son tan hermosas que las quiero poner todas en mi poema… Las agarro al vuelo, cuando van zumbando, y las atrapo, las limpio, las pelo, me preparo frente al plato, las siento cristalinas, vibrantes ebúrneas, vegetales, aceitosas, como frutas, como algas, como ágatas, como aceitunas… Y entonces las revuelvo, las agito, me las bebo, me las zampo, las trituro, las emperejilo, las liberto… Las dejo como estalactitas en mi poema, como pedacitos de madera bruñida, como carbón, como restos de naufragio, regalos de la ola… Todo está en la palabra… Una idea entera se cambia porque una palabra se trasladó de sitio, o porque otra se sentó como una reinita adentro de una frase que no la esperaba y que le obedeció. Tienen sombra, transparencia, peso, plumas, pelos, tienen de todo lo que se les fue agregando de tanto rodar por el río, de tanto transmigrar de patria, de tanto ser raíces… Son antiquísimas y recientísimas… Viven en el féretro escondido y en la flor apenas comenzada… Qué buen idioma el mío, qué buena lengua heredamos de los conquistadores torvos… Estos andaban a zancadas por las tremendas cordilleras, por las Américas encrespadas, buscando patatas, butifarras, frijolitos, tabaco negro, oro, maíz, huevos fritos, con aquel apetito voraz que nunca más se ha visto en el mundo… Todo se lo tragaban, con religiones, pirámides, tribus, idolatrías iguales a las que ellos traían en sus grandes bolsas… Por donde pasaban quedaba arrasada la tierra… Pero a los bárbaros se les caían de la tierra de las barbas, de las herraduras, como piedrecitas, las palabras luminosas que se quedaron aquí resplandecientes… el idioma. Salimos perdiendo… Salimos ganando… Se llevaron el oro y nos dejaron el oro… Se lo llevaron todo y nos dejaron todo… Nos dejaron las palabras.