Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

7/2/24

O día do amor na nosa terra

"Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola." Refraneiro Popular

O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase no 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral.

O noso alumnado de sexto B conmemorou esta data participando nun taller de elaboración de postais de temática amorosa, por suposto, traballando a creación literaria e o uso da nosa lingua dun xeito natural e moi motivador para tod@s el@s. O resultado... Espectacular!!!





5/11/23

Que sabes do Samaín?

“É paradoxal que moitos educadores e pais aínda diferencien entre un tempo para aprender e un tempo para xogar sen ver a conexión vital entre os mesmos."

Leo Buscaglia (profesor no Departamento de Educación Especial da Universidade do Sur de California)

O Equipo de Dinamización Lingüistica do noso centro preparou unha xincana, aproveitando o circuito permanente de orientación instalado por Trictrark no patio do cole, onde o alumnado ten que buscar unha serie de preguntas relacionadas, neste caso coa celebración do Samaín, guiándose por un mapa, acadando unha puntuación que se sumará ao final da proba no punto de reunión.

Un xeito distinto de aprender de maneira lúdica, cambiando os espazos tradicionais de aprendizaxe e traballando distintas competencias educativas.






28/12/21

Xa temos Palabra do Ano en galego!!

Como todo parecía prever ‘Tanxugueiras’ foi a escollida. Tedes toda a información e a súa curiosa orixe neste vídeo da xenial Esther Estévez no seu "Dígocho eu"


Toda a información desta escolla anual no enlace do Portal das Palabras, unha inciativa da RAG e da Fundación Barrié (preme na imaxe para acceder o seu sitio web)







11/10/19

Palabras con memoria: interesante iniciativa



PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da AELG que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios. A persoa que visita esta sección da web, ademais de consultar o glosario mensualmente actualizado pendurado nela, poderá enriquecelo enviando os vocábulos que teña arrombados no faio da lembranza ao enderezo palabra.con.memoria@aelg.org ou enchendo este formulario. Se algunha palabra enviada non aparece na listaxe é que foi localizada nalgún dicionario.
https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria

17/6/19

Ti e máis eu. Celso E. Ferreiro e a Banda da Loba

Música, poesía, diversidade, rapazada, lingua de signos... 


TI E MAIS EU Celso Emilio Ferreiro

(Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade
de árbores íntimos.
Ti i eu sin tempo
polo tempo imos.
Ti i eu cantando,
chorando e rindo.

10/4/19

O galego é a fórmula: Correlingua 2019

http://correlingua.gal/

Que é o Correlingua?

Desde a Asociación Cultural Correlingua vimos organizando unha actividade de carácter nacional que transita dunha a outra localidade cun denominador común que é a normalización lingüística da mocidade e a infancia. Para isto contamos coa axuda loxística da CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, así como coa colaboración das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo, entre outros.
CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
O Correlingua, que xa vai pola súa décimo oitava edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

Por que naceu o Correlingua?

O interese que ten a normalización lingüística entre a mocidade é evidente se temos en conta a importante perda de falantes que se está a producir entre a poboación máis nova, situación que confirman os diversos estudos que se teñen realizado, como os datos recollidos e analizados polo IGE no 2013. É preciso, xa que logo, chamar a atención de todas as instancias político-sociais a respecto da necesidade de intervir de maneira efectiva no mantemento e difusión do idioma e facelo, pola súa vez, coa participación activa das propias destinatarias: a mocidade e a infancia.

4/11/16

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas


http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

O auditorio da Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, foi o escenario para a presentación do Manifesto e as actividades de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS,
A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". 
http://www.slideshare.net/BibliotecaRevoltas/lecturas-para-o-da-da-ciencia-en-galego-2016-cpi-as-revoltas?ref=https://edlgasrevoltascabana.wordpress.com/2016/11/03/guia-de-lectura-de-ciencia-en-galego/O Secretario Xeral de Cultura presentou, así mesmo, o díptico que se edita coas actividades das bibliotecas públicas programadas para este mes de novembro, así como os recursos e actividades que sobre a ciencia en galego se levan a cabo tamén nas bibliotecas escolares. 

26/9/16

Día Europeo das Linguas

Unha conmemoración que organizan, conxuntamente, o Consello de Europa e a Unión Europea dende o ano 2001 cos obxectivos de celebrar a diversidade lingüística no territorio comunitario e de promover a aprendizaxe de linguas entre a cidadanía europea.
Celebramos neste día, como cada 26 de setembro, a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística de Europa, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas. 
Neste sentido, non se deben pasar por alto datos como que en todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas, que a Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais (ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias) ou que se falan no seu territorio algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.
Facemos presente que unha das transformacións á que aspiramos consiste en lograr que a lingua que foi o código de expresión das persoas que habitaron Galicia durante os mil últimos anos estea en condicións de seguilo a ser durante os mil anos futuros como vehículo de comunicación útil e dinámico.
 

23/5/16

Celebrando a Manuel María

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
                      


O pasado venres, 20 de maio, celebramos especialmente ó autor a quen este ano se lle adicou o Día das Letras. O alumnado de 6º coas frautas e o profe de música co piano, a lectura dun manifesto por parte de Anxela e Carlos e a cantiga que entre tod@s cantamos do poema do barco ( que tan ben musicara Suso Bahamonde) foi o que fixemos no ximnasio. 
Despois por niveis xogamos a partires dun trivial que tamén preparou o equipo de Dinamización de Galego e os de infantil puxéronlle a nota de cor ó Mimí. Parabéns a tod@s, especialmente ó equipo organizador.   

12/5/13

Ollando en galego... ciclo de cinema

Estas son as curtas que presentaremos na semana do 13 ao 16 de maio:"As caras de Rosalía",elixida por ser a primeira autora homenaxeada no ano 1963 nas Letras Galegas" e elaborada polo Equipo Dinamizador do CEIP Rosalía de Castro; presentación sobre Roberto Vidal Bolaño, o autor, director e actor homenaxeado este ano (elaborada polo CEIP Pedrouzos de Brión); "A apócema máxica", curta ideada e gravada na nosa escola o pasado ano e interpretada por tres exalumnas do colexio, "A escola das areas" e "Alistán, o demo oveiro", curtas de animación elixidas polas mestras dos distintos ciclos e, por último, "Os Bolechas", curtas baseadas nos contos de Pepe Carreiro, elixidas polos nosos alumn@s de E. Infantil.

 Para a semana do 21 ao 24 de maio, eliximos as seguintes longametraxes:  "A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol",para @s rapaces dende 1º a 3º ; os de 4º, 5º e 6º verán "O Apóstolo" na casa da Cultura de Xinzo e terán unha charla co seu director, Fernando Cortizo, e os de E.Infantil, continuarán coa proxección dos seus preferidos, "Os Bolechas". Esperamos que disfrutedes con esta actividade. Agradecemos a CRTVG a súa inestimable colaboración á hora do empréstito de parte do material e ao Concello de Xinzo por permitirnos o uso do salón de actos da Casa da Cultura para a proxección de "O Apóstolo". 

Agradecemos a profe Maite o seu esforzo e axuda na preparación deste Ciclo e a súa colaboración durante  o tempo que se desenvolveu a actividade.



Premede na fotografía para poder acceder ao vídeo sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño elaborado polo CEIP Pedrouzos de Brión

10/5/13

Ollando en galego

Este ano, co gallo das Letras Galegas, propoñemos unha nova actividade no noso cole: cinefórum. A vindeira semana é a semana das curtas e a seguinte proxectaremos algunhas longametraxes. Aquí tendes os carteis que as anuncian e os horarios:





8/5/13

...máis recursos para celebrar as Letras Galegas no 2013








Dende a BE do CEIP Rosalía de Castro queremos compartir con vós a seguinte ligazón, onde poderedes acceder a recursos para poder traballar nas aulas as Letras Galegas. Tamén os podedes ver premendo na imaxe da esquerda que representa a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor homenaxeado iste ano. 



1/5/13

lembranza do Certame Escolar Carlos Casares na Limia, curso 2011/12

Con motivo da conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Carlos Casares, foi convocado un concurso de creación plástica e literaria, no que varios nen@s do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, foron premiados. O concurso estaba destinado a todos os escolares da zona e promovido conxuntamente polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares. Adobiámolo vídeo con música interpretada polos alumn@s do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia no  seu concerto de fin de curso.


11/4/13

"O PRINCIPIÑO" estivo de aniversario!!!


O 6 de abril cumpriu 70 anos!!! Esta novela do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, está traducida a 180 linguas e a versión galega do libro foi realizada por Carlos Casares. Lembrade que esta obra forma parte do itinerario lector do noso cole.

20/3/13

21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2013

Presentamos unha selección de poemas sobre a Limia, o seu río, as súas xentes... que, recopilamos para celebrar neste curso escolar, o Día Internacional da Poesía. O Venres 22, temos reservada unha pequena sorpresa para a conmemoración desta data.

21/2/13

MÁIS SOBRE ROSALÍA

Podedes consultar tamén esta interesante presentación Prezzi que comparte Raioteca, a BE do CEIP Andrade de Pontedeume. Premede na imaxe inferior.


6/2/13

2 de FEBREIRO, DIA INTERNACIONAL DOS HUMEDAIS

Isabel e Marcos, membros da SGHN estiveron na nosa escola o venres, 1 de febreiro para presentar "A historia de Antela contada por unha cegoña", como parte dos actos de celebración do Día Internacional dos Humedais (2 de febreiro) e como parte tamén das actividades do noso Proxecto Documental deste curso. Deixámosvos unha ligazón co relatorio desta actividade na súa web e unha presentación de fotos da mesma.

24/1/13

UNHA ESCRITORA DE LIX (LITERATURA INFANTIL E XUVENIL) NA RAG (REAL ACADEMIA GALEGA)




A RAG ven de elixir a unha muller, Fina Casalderrey, mestra e escritora de libros de literatura infantil e xuvenil, como académica numeraria. Dende o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia queremos darlle a nosa noraboa. Se premedes na imaxe de arriba, teredes acceso ao blog "Rede Lectura", compartindo libros e lecturas.

17/12/12