25/5/21

Descubrimos pegadas, identificamos animais, ... a vida ao carón do río!

Segunda xornada do Progama "Me gusta mi río", organizado pola Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil. Hoxe recordamos moito do aprendido o primeiro día e descubrimos outros moitos seres vivos que podemos atopar ao lado do noso río e que non coñeciamos... ata nos presentaron un lagarto sen patas!!

Manuel, Teresa, Duego e Olmo foron unha vez máis uns excelentes mestr@s que nos guiaron e amosaron gran parte da fauna e flora que temos moi cerquiña de nós e que soamente prestando un pouquiño de atención, podemos descubrir!!

Xa estamos desexando que chegue a seguinte xornada! Estamos a aprender un montón!

Enlace ao vídeo

Música: 

Vetusta Morla.- "En el río"

Miguel Ríos: "El Río"

Máis Información (enlace na imaxe)



23/5/21

Manuel Fontemoura presentou a súa nena do vestido de flores!

Dentro das actividades para conmemorar a Semana das Letras Galegas no centro, contamos coa presenza de Manuel Fontemoura para presentarnos a súa última obra "A nena do vestido de flores", do que xa falamos nunha anterior publicación deste blog, pero que nesta ocasión escoitamos do seu propio autor todo o que conleva o proceso creador desta historia ata deixala plasmada neste libro de obrigada lectura se queremos coñecer mellor a realidade das persoas que viven con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día.

O alumnado de sexto de Educación Primaria tomou boa nota do que alí se falou e foron bastantes @s que quixeron que Manuel lles dedicara o seu exemplar para conservalo como un recordo desta grata visita ao noso centro, impulsada polo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca Escolar.

Moitas grazas Manuel, pola túa proximidade e agarimo que tiveches co noso alumnado!












22/5/21

Parabéns para tod@s @s gañador@s!!

Entregamos os premios ao alumnado participante nas dúas convocatorias de relatos curtos e vídeos convocados pola nosa Bibiblioteca Escolar co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2021. Moitos parabéns a tod@s @s que participaron e animar a todo o alumnado para futuras convocatorias.

Neste  vídeo podedes ver os traballos entregados na sección de vídeo onde Catalina, Antón, Noa e Samuel caracterízanse como algúns d@s autor@s aos que se lle adicou algún ano o Día das Letras Galegas. Non o perdades!!

 

21/5/21

Achegámonos á obra de Xela Arias, coñecendo "O exército de paxariñas"

Co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas, adicada este ano á escritora Xela Arias (nada en Sarria e viguesa de adopción) e da man da Concellería de Cultura e Mocidade do Concello de Xinzo de Limia, chegou ao noso centro dirixida para o alumnado de 4º de Ed Primaria a posta en escea por parte de Propostas Culturais Urdime a fábula "O exército das paxarinas", con Soraya Lema que estivo acompañada polo músico Javier Sampedro.

Na busca da Fraga das paxariñas faladoras, fábula creada por Xela Arias, dúas rapazas aventureiras atópanse co exército das paxariñas: a paxariña tradutora, a poeta, a música e a reivindicativa, todas elas forman a alma de Xela e todas falan moitas linguas mais hai unha lingua que as une a todas: a lingua galegaA través de fábulas e contos acompañados de música co acordeón, ukelele, tambor e a frauta van descubrindo a vida e obra da escritora, que este ano se lle adican as Letras Galegas 2021. Con este espectáculo de narración oral e música pretendemos que as nenas e os nenos coñezan o valor da poesía e a máxía das palabras da man de Xela. O exército das Paxariñas é un espectáculo de narración oral con música en directo acordeón, ukelele, tambor e frauta. (https://urdime.gal/project/o-exercito-das-paxarinas/)


15/5/21

Tecnoloxía en Igualdade. Programa ADA

O obxectivo do Programa ADA de formación en TIC no ámbito educativo, organizado polo Instituto das Mulleres do Ministerio de Igualdade do Goberno de España é o promover o interese das nenas e mozas nas ramas tecnolóxicas de estudo, con iso pretendemos contribuír a unha maior presenza de mulleres nas carreiras tecnolóxicas en xeral e no ámbito das TIC en particular.

No marco do programa realizaranse talleres dirixidos ao alumnado de 3º a 6º de primaria e 1º de ESO. Exponse a vida de Ada Byron como fío condutor no desenvolvemento das actividades, relacionándoas con diferentes fitos na súa vida nun proceso gradual de motivación e descubrimento. Así mesmo, este programa pon ao dispor do profesorado, en formato dixital, a publicación “Iniciación á tecnoloxía en Igualdade. Guía para o profesorado” , xunto cunha presentación para proxectar na aula durante o desenvolvemento das dinámicas e un ficheiro para impresión 3D.

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e desenvólvese en coordinación cos Organismos de Igualdade das CCAA.

Realizáronse talleres nas Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela a Mancha, Castela León, Ceuta, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e Valencia, editándose un vídeo das actividades.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria participou nestes talleres da man de Lucía ao longo de dúas mañás, unha por curso, resultando unha experiencia moi enriquecedora e una aproximación á tecnoloxía en igualdade.





12/5/21

Canto aprendimos.... e que ben o pasamos!!

Neste derradeiro trimestre de curso (e despois de varios aprazamentos por causas máis que xustificadas) levamos a cabo a fomación en Patios e Parques Dinámicos da man de Gey Lagar e Yolanda Higuero. 

Coa primeira tivemos dúas intensas sesións da parte máis teórica (aínda que tamén coñecemos moitos recursos e estratexias) a implementar en distintas fases deste proxecto para conseguir familiarizarnos con estas dinámicas tan necesarias e innovadoras nos momentos de lecer, brindando ao noso alumnado novas e variadas actividades e xogos cooperativos (e algún tamén competitivo) que teñan a inclusión e a participación colectiva como sinais de identidade.

Con Yolanda... Chegou a parte máis práctica... e lúdica!! Futbolín, desplumar á galiña, o pilla-pilla "swish-swish", ... entre outros moitos xogos foron os que puxemos en práctica, vendo "pros e contras", problemas de organización que poideran aparecer, maneiras de solucionalos, ... un montón de información que agora está na nosa man interiorizar e reflexionar no xeito de levala á practica nos "recreos", creando e transformando espazos do noso cole para que o alumnado poida ter unha oferta o máis extensa posible de xogo voluntario, participativo e inclusivo.

Ademáis de todo isto ... Pasámolo como verdadeiros ananos... Só fai falla botarlle un ollo ao seguinte vídeo! 


Certame Literario

 

 


CERTAME LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021


Escribe un relato en galego e participa!

-         Infantil: debuxo.

-         Primaria:           1º e 2º: relato breve con debuxo.

                 3º e 4º: relato dunha páxina.

                 5º e 6º: relato de dúas páxinas.

-         Os textos non serán asinados, levarán un número escrito en lapis que asignará o titor segundo o número de clase.

-         Prazo de presentación: ata o 18 de maio.

-         O 21 de maio daranse a coñecer os relatos seleccionados como gañadores, un por aula. 

Anímate e participa!

PARTICIPA! Letras Galegas "caracterizadas"

 


Queres celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS con nós?


-         Vístete ou caracterízate como un dos escritor@s homenaxead@s algún ano nas Letras Galegas. Por exemplo: Rosalía de Castro (cun vestido negro), Castelao (cunhas lentes redondas), Vicente Risco (con lentes e un chapeu), Carlos Casares (desde algún lugar que o represente en Xinzo), etc

-         Grábate nun video que dure menos dun minuto, onde contes algo da biografía  ou leas algún texto ou poema do autor ou autora elexida.

-         Envíao por whatsap ao número 604082784 ou ao correo electrónicoceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es

-         Data límite: 18 de maio

ANIMATE E PARTICIPA!

 

11/5/21

Letras Galegas 2021

O Día das Letras Galegas é unha data para exaltar a importancia da língua galega, este día lévase celebrando dende 1963, concretamente todos os 17 de maio facendoo coincidir coa publicación da primeira edición  de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.




Cada 17 de maio a Real Académia Galega homenaxea a un autor ou autora que tivo gran repercusión para o respeto, tratamento, representación e continuidade da nosa fermosa língua.

Neste 2021 homenaxease a Xela Arias, sendo así a quinta muller ata a data á que se lle adica este recoñecemento. Xela comezou as súas publicacións nos anos 80, amosando unha poesía contemporánea e diferente, pero ademáis foi membro da Editorial Xerais onde traballou como tradutora, foi mestra, e tamén destaca dela a vida comprometida que tivo en prol do pobo e língua galega.

Pero bueno, estas son só algunhas pinceladas sobre a vida dunha autora que deu moito de sí, así que animate a coñecer máis a fondo a nosa homenaxeada Xela Arias a través dos recursos que atoparás no seguinte enlace.


(Clica na foto para acceder)







8/5/21

Volven as clases de Educación Física con moita marcha!!

Segunda sesión que nos envía o profe Manuel de EF onde traballa a coordinación, saltos,...  cos varios grupos dos máis pequenos do cole. Aprendizaxes temperáns de psicomotricidade que son imprescindibles para un desenrolo integral do noso alumnado. A música como elemento integrador e motivador.
Bravo por el@s!!


2/5/21

"Quérote máis... que á tortilla de patacas con xamón!!"

Nada podería resumir mellor iso que todos sentimos pola persoa que nos deu a vida e que está sempre presente cando temos problemas, dificultades, ... e cando temos motivos para festexar, celebrar, ... que a vida é marabillosa!

Para todas as nais e para todas as persoas que tamén asumen ese rol de "nai" da nosa comunidade educativa, vai dedicado esta pequena homenaxe que o alumnado de cuarto A preparou para ás súas nais e que desde aquí facemos extensible a todas as demáis!



1/5/21

Primeira xornada (de tres) coñecendo mellor o noso río Limia!

Despois de ter que aplazala varias veces debido ás condicións climatolóxicas adversas, o venres 30 de abril poidemos levar a cabo a primeira das saídas que dentro do programa "Me gusta mi río" organizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Nesta ocasión @s monitores organizaron catro interesantísimos talleres onde poidemos aprender sobre estacións purificadoras da auga, análise da súa calidade, os macroinvertebrados que viven nel e todo sobre o ecosistema que rodea ao noso río. Teresa, Olmo, Diego e Manuel foron @s nos@s mestres ese día e con el@s fixemos un montón de experiencias científicas que nos axudaron a entender mellor se cabe a importancia de coidar de todo o medio natural que nos rodea e, en especial, do noso benquerido río Limia. Aprendizaxes competenciais no propio entorno que se producen... Non se pode pedir máis!! 
Xa estamos ansios@s esperando a seguinte saída!!


Música: