23/1/12

A BIBLIOTECA ESCOLAR COMO FERRAMENTA EDUCATIVA


Web sobre a biblioteca escolar, un recurso para o desenvolvemento das prácticas lectoras e habilidades intelectuais, con ligazóns a diferentes apartados: biblioteca escolar, recurso educativo, a biblioteca escolar en acción, biblioteca escolar e lectura, biblioteca escolar... Deixámosvos este enlace e un link permanente na parte dereita do noso blogue, na sección "Os blogues que máis visitamos".

17/1/12

Recursos para celebrar o día da PAZ e a non violencia

Premendo sobre a imaxe da pomba que tes a continuación poderás acceder a unha chea de recursos para traballar o día da PAZ e a non violencia.

16/1/12

"Mensajes del agua" (Macaco) con letra

Se queredes practicar a letra da canción, deixámosvos esta versión: 


CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Aquí tendes a canción que imos cantar o día da PAZ no noso cole. Botade unha ollada! 



13/1/12

XOGO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 
Nesta aplicación poderedes atopar información relacionada coa non violencia e a paz, con personaxes importantes, premios Nobel, letras de cancións, poemas, un cuaderno para traballar no aula, enlaces de interese...

PREMIOS NOBEL DA PAZ

PREMIOS NOBEL DA PAZ
Dende o IES de Curtis nos chega esta presentación sobre os premios Nobel da PAZ.


View more presentations or Upload your own.



10/1/12

MÁIS SOBRE A PAZ


  O Seminario Galego de Educación para a Paz promove, nos colexios e institutos de Galicia, a celebración, nas aulas e nos centros, do DÍA ESCOLAR POLA PAZ no vindeiro 30 de Xaneiro, luns, data na que se cumpre o 64 Aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, unha das referencias mundiais do pacifismo contemporáneo. Se premedes na imaxe de arriba atoparedes unha chea de recursos.