16/1/19

RETOS LECTORES 2019


Querid@s estudantes:

Hoxe é unha data importante porque iniciamos unha NOVA viaxe fantástica. Para esta viaxe, precisaredes un documento de identificación e de constancia do voso percorrido: Un pasaporte!!!
Neste caso será un "pasaporte de lectura" que reflectirá a vosa viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos aportan a tod@s. FELIZ VIAXE!!!


Bases de participación

1.   Elixe e marca un reto de lectura.
 
2.   Le un libro que coincida co teu reto.
3.   Cubre a ficha de lectura. (Está na biblioteca na caixa Retos de lectura 2019).
 
4.   Escribe no pasaporte o título do libro.
 5.   Cando che corresponda* vai á biblioteca e entrega  o pasaporte e a ficha  cuberta. Se o reto está superado conseguirás un selo. Non esquezas levar o libro. 
 
6.    Se acumulas polo menos 5 selos entrarás no sorteo dun agasallo.

* Referímonos á hora en que vai cada aula á biblioteca. Nese momento alguén do equipo da biblioteca comprobará se se superou ou non o reto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario