17/1/19

Concurso: 8 de marzo


A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:
alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato

Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación
Prazo: ata o 15 de febreiro de 2019.

No hay comentarios:

Publicar un comentario