26: Día da educación ambiental
28: Día mundial pola reducción das emisións de CO2
30: Día escolar da paz e a non violencia
28: Día mundial pola reducción das emisións de CO2
30: Día escolar da paz e a non violencia
O CEIDA como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, está comprometido coa "educación ambiental de tódolos sectores sociais" do país e articula, para acadar este fin, unha serie de programas de educación e sensibilización ambiental dirixidos a todos os cidadáns e cidadás.
Moito se ten falado da función da educación ambiental na construcción do chamado "desenvolvemento sustantábel", mais para o CEIDA os obxectivos que debe perseguir son claros:
- A educación ambiental ten que ser social, un proceso participativo que implique ás persoas e a os colectivos sociais, como centros de ensino, xestores e políticos, etc., na toma de conciencia, negociación e resolución dos problemas ambientais.
- A educación ambiental ten que ser práctica, dirixida sempre á resolución da crise ambiental actual, identificando as relacións causa-efecto dos problemas socioambientais e investigando as boas prácticas que axudan a resolvelos.
- A educación ambiental ten que ser crítica, denunciando as accións e desigualdades que causan ou agravan moitos dos problemas ambientais actuais.
- A educación ambiental ten que ser integradora, xa que non desbota ningún coñecemento, ciencia, técnica ou ferramenta que axude no proceso pedagóxico, e tampouco desbota ningún eido, xa que contempla coa mesma relevancia o máis específicamente local e o mais global.
Todos estes principios son asumidos polo equipo educativo do CEIDA na súa praxe educativa, constituíndo tamén un criterio de calidade para os programas de educación e sensibilización ambiental que desenvolve.
No hay comentarios:
Publicar un comentario