Neste 21 de xaneiro recibimos por correo electrónico o anuncio de dous
cambios importantes no programa de Voz Natura.
En primeiro lugar comunícannos que se incrementa a dotación económica dos premios. O centro
educativo seleccionado como premio Galicia levará 5.000 €, os premios
provinciais 2.000 € cada un e, como novidade, o premio infantil terá unha
cuantía económica de 2.000 €.
a tradicional festa fin de curso substituirase por un acto no que se
entregarán os premios aos mellores proxectos medioambientais. Terá lugar a mediados do mes de xuño no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre. Isto implicará que non haberá exposición final de traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario