15/1/19

I CONCURSO FOTOGRAFÍA ESCOLAR

Dende a ANPA do C.E.I.P. Rosalía de Castro CONVÓCASE un concurso fotográfico, dirixido a todos os seus socios:
           
¨Así é a miña vila, así é a miña xente¨

Os obxectivos do concurso son a posta en valor da vila onde vivimos e convivimos. Se observamos e recoñecemos como noso o que nos rodea, obtemos unha reflexión máis intensa sobre como queremos, podemos e debemos vivir e coidar a nosa vila,  os seus costumes, as súas paisaxes e as súas xentes.

BASES

1. Prazo de presentación:
Dende o luns 14 de Xaneiro ata o  venres  25 de Xaneiro.
As fotografías  presentaranse reveladas en papel fotogrático dentro dun sobre pechado e que ademais veña acompañado dunha folla cos seguintes datos:   Título, nome do autor ou autora, idade  e teléfono de contacto.   Entregaranse na oficina da ANPA no colexio.
2. Tamaño foto: 20 x 25cm, en color ou branco e negro. Deben ser orixinais e non presentar retoques dixitais.
3. Cada alumno/a poderá participar cun máximo de 3 fotografías.

CATEGORÍAS

1- CARACOIS: Participantes de 3 a 7 anos.
2- RAS: Participantes de 8 a 12 anos.
O xurado estará composto por tres profesionais da fotografía. Os criterios de avaliación do xurado serán: o tratamento do tema, a creatividade e a calidade fotográfica.  
O fallo do concurso darase a coñecer a través do facebook  da ANPA.
Haberá tres PREMIOS por categoría.                                                   


TEMÁTICA e INSPIRACIÓN

Os traballos  mostrarán o día a día das aldeas ou vila/poboacións onde vivimos, as súas paisaxes e xentes. A organización  intentará preparar unha exposición con todas as fotografías presentadas. A súa inauguración anunciarase oportunamente.

Anpa Rosalia de Castro                                                                                                                        amparosaliadecastro2016@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario