Dentro das actuacións que a Biblioteca Escolar leva a cabo, unha das que máis lle gusta ao noso alumnado é a presenza no centro dos autores e autoras dos libros que teñen ao seu dispor na nosa Charca.
Esta semana foi a quenda de Manuel Seoane, limián e mestre, ben coñecido na nosa comarca. Vén de publicar o seu derradeiro libro de contos "A Raiña Loba", que conta coas ilustracións de Moisés Míguez, orientado polos seus profesores da Escola de Arte “Antón Faílde”, Carmen Lage e Luis Carreira, e co deseño e maquetación de Tonho Ferreiro, tamén profesor na “Faílde”.
No relato sobre a lenda da Raíña Loba, o texto de Seoane, recolle e interpreta a tradición oral sobre os feitos acontecidos nun tempo incerto nese agreste e mítico territorio entre os concellos de Os Blancos e Baltar.
A Raíña Loba é a terceira entrega de libros infantís ilustrados sobre as lendas da Limia que edita o Centro de Cultura Popular do Limia, neste caso en colaboración co Museo da Limia, e da Deputación de Ourense. Os anteriores foran A Lenda da Lagoa de Antela, de Delfín Caseiro, e O Paso do Esquecemento, de Antón R. Coello, que temén podedes atopar na nosa biblioteca.
O alumnado de cuarto de Primaria xa está traballando con el, e a verdade é que lles encanta!!
Fonte da información: Onda Cero
No hay comentarios:
Publicar un comentario