O III Concurso de Debuxo e Redacción "Jóvenes y Mayores", que organiza "La Región" en colaboración coa Fundación Dorzán, brinda a oportunidade de rememorar unha vivencia especial entre os familiares a través dun relato ou un debuxo.
Durante o acto de presentación, o subdirector xeral de "La Región", Carlos Barbosa, explicou que esta convocatoria "pode ser unha actividade que axude a pasar un pouco mellor todas as dificultades que se están tendo"
Para Secundino Vidal, presidente da Fundación Dorzán, explicou que "con esta iniciativa queremos fomentar máis a interrelación entre os mozos e maiores, e precisamente este ano, cando os maiores están máis illados, queremos que os seus netos e os seus fillos achéguense máis a eles e préstenlles máis agarimo"
O traballo presentado pola nosa alumna Valeria Rodríguez Yebra foi recoñecido co terceiro premio na categoría de Educación Especial, unha das sete das que se convocaron neste concurso.
Moitos parabéns para ela e a súa familia, así como o recoñemento para o persoal docente e non docente da nosa Aula Específica, que tanto e tan ben traballan co seu alumnado. A seguir así, compañeiras Ana, Elena e Luz!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario