Rematamos o primeiro trimestre deste curso tan especial. Ninguén podería ter asegurado que iamos ter uns primeros catro meses de curso tan "normais" como ao final así foron. As medidas de seguridade e distanciamento social tomadas e interiorizadas por tod@s @s que conformamos a comunidade educativa veñen de amosar uns resultados mellores dos que nun principio se podían prever. O papel fundamental do profesorado, concienciando ao seu alumnado do que realmente debiamos facer tod@s para minimizar o impacto desta pandemia e o comportamento extraordinario de todo o noso alumnado (dende os 3 ata os doce anos) fixo que o número de contaxios internos no centro fóra cero, e os poucos producidos fóra do entorno escolar, non tiveran ningún impacto entre o resto de compañeir@s c@s que compartían aula, patio, comedor, ...
Por esta razón e chegado este momento de parón, queremos recoñecer os esforzos levados a cabo por todo o persoal docente e non docente en cumprir e facer cumprir todos os protocolos establecidos no centro para manter á raia este maldito virus, pero sobre todo AGRADECER (con letras maiúsculas) o extraordinario comportamento de todo o noso alumnado (coa colaboración indispensable de todas as familias que conforman a nosa comunidade educativa) amosando un compromiso exemplar en todas e cada unha das situacións tan distintas e estranas que este principio de curso nos ten feito vivir. De corazón... MOITAS GRAZAS!
Desconectade, disfrutade destas datas (pero coa mesma responsabilidade que tedes tido no cole) ... e vémonos o 11 de xaneiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario