En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas ao constante melloramento da situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamado aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades.
Dentro destas actuacións máis de 80 entidades sociais de toda Galicia decidiron conmemorar dende fai cinco anos esta data conxuntamente baixo o lema #BaixoOMesmoParaguas.
Este ano, debido as condicións sanitarias, convídannos a facernos unha foto cun paraugas e un lema, para visibilizar a todas esas persoas con habilidades distintas e que teñen o mesmo dereito que os demais a ser consideradas dentro da normalidade, con igualdade de oportunidades e xustiza social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario