Aínda que Luís e Pepe andaron a preparar o tixolo e ata queimaron a leña o mal tempo imposibilitou que poideramos celebrar o magosto no Ceip.
Unha mágoa porque ademais tiñamos hoxe no cole a Dávide, un mozo italiano que está a prestar o SVE (Servizo de Voluntariado Europeo) no CDR O Viso e que nos veu a falar do seu pais. Non poidemos amosarlle o noso magosto pero el si que nos aprendeu moitas cousas no espazo creativo sobre Italia:
Aprendemos algunhas palabras italianas: benvenuti, grazie, lo stivale... Comparamos a extensión e poboación coa de España. Contounos algúns episodios da historia (imperio romano) e ata a Festa della Repubblica (2 de xuño).
"Viaxamos" por algunhas cidades e situamos nelas algo característico: Roma (Coliseum e a lenda da loba amamantando a Rómulo e Remo), Milán (Duomo), Venecia (carnaval e góndolas), Nápoles ( Vesubio, volcán), Florencia e Pérgamo (de onde é Dávide).
E preguntámoslle, como non, pola pizza así que tamén nos falou da lasaña, risotto, queixos, viños, o tiramisú e a stracciatella. E de fútbol, ciclismo (giro e a maglia rosa), carreiras de cabalos (Palio de Siena, de orixe medieval nas que pode gañar un cabalo que chegue sen xinete), Ferrari...
Moitas grazas, Dávide!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario