O pasado 22 de novembro o alumando de 1º de primaria acompañado polas súas titoras e dous mestres especialistas acudiron a Ourense para ver unha exposición sobre este castro.
Enmárcase esta actividade entre as ofertadas pola Afundación: «Santomé, conxunto arqueolóxico natural».
Explicáronnos como vivían as mulleres e os homes no castro, como eran as súas casas, que comían...
Despois rematamos facendo un xogo para decorar un vaso pero usando dous rotuladores e un tempo de 15 segundos. Saíron cousas sorprendentes.
A menos de 3 quilómetros do centro da cidade de Ourense
sitúase o conxunto de Santomé, un lugar onde se reúnen importantes restos arqueolóxicos e un espazo natural único cun valor incalculable para a cultura galega.
Aquí un enlace para ler algo sobre este conxunto; http://turismodeourense.gal/gl/recurso/conjunto-arqueologico-natural-de-santome/
No hay comentarios:
Publicar un comentario