No día de hoxe, 27 de novmebro. celebramos a S. José de Calasanz. A maioría da xente que traballamos en educación, mesmo os da escola pública, descoñecemos esta interesante figura.
Biografía

Intégrase en Roma nas denominadas Confrarías, asociacións que se dedicaban á caridade. Co tempo, os nenos pobres daqueles barrios romanos converteranse no seu principal punto de atención.
Froito deste descubrimento, comeza a pensar en crear unha escola gratuíta aberta a todos os nenos, especialmente aos máis necesitados. Non todos aos que lles propuxo a idea vírona con bos ollos. E entón decide lanzarse só á aventura. E cara o 1597, na sancristía dunha igrexa que adoitaba visitar, Santa Dorotea, no Trastévere romano, comeza a primeira escola gratuíta de Europa.
Ao principio os alumnos non eran moitos, co tempo a idea foise dando a coñecer e coa axuda de sacerdotes e algúns laicos, co diñeiro que lle dan uns e outros, as escolas foron crecendo. A Igrexa de San Pantaleón converterase na primeira escola estable de Calasanz. A primeira escola cristiá, popular e gratuíta.
Calasanz nunca volveu á súa terra. quedou definitivamente en Roma ata a súa morte en 1648. E desde alí a súa obra foi esparexéndose por todo o mundo.Cadro de Goya
Pensamento espiritual e pedagóxico
A longa vida de San José de Calasanz ocupa practicamente a segunda metade do século XVI e toda a primeira parte do XVII. Persoa aberta á realidade circundante, recibiu o impacto das ideas e problemas que lle rodeaban, e co seu compromiso persoal, contribuíu ao progreso das ideas e á solución dos problemas. Pódese afirmar que, xunto con outros dos seus contemporáneos, foi protagonista -aínda que pouco coñecido- da transición do renacemento á modernidade.
Na formación espiritual de Calasanz moito influíron as correntes renovadoras do século XVI en España, personificadas nalgúns autores ascéticos e místicos como Juan de Ávila e Teresa de Jesús.
Foi precisamente a partir da dedicación de Calasanz á educación dos fillos das clases populares en Roma, nos anos de transición do século XVI ao XVII, cando foi elaborando de modo explícito o seu pensamento pedagóxico, froito do seu persoal itinerario espiritual e social.
Antes del algúns pensadores humanistas como Juan Luís Vives, Erasmo e o mesmo Lutero tiñan teorizado sobre a educación de nenos e novos. En diversos escritos fundacionais, Calasanz fai unha formulación teórica clara do que pretende coa obra iniciada: contribuír á reforma da sociedade e á felicidade temporal e eterna das persoas, educando aos nenos na fe cristiá e nas letras humanas, por medio de escolas pías, é dicir, populares e cristiás.
Esta filosofía foi levada á práctica por Calasanz durante cincuenta anos ata a súa morte E organizou non menos de trinta colexios en diversos estados europeos, dotándoos de educadores preparados, estruturas adecuadas e regulamentos escritos por el mesmo. Para Calasanz, a figura do educador é elemento fundamental na consecución dos obxectivos pedagóxicos e sociais da súa obra.
Na súa persoa conflúen unha vocación relixiosa e unha vocación educativa que se integran nunha identidade propia.
O pensamento espiritual e pedagóxico de San José de Calasanz e a práctica do mesmo proposta aos seus primeiros compañeiros en Roma ao comezar o século XVII, deu orixe na Igrexa a unha espiritualidade pedagóxica e a unha pedagoxía espiritual de trazos característicos que son unha das primeiras manifestacións modernas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario