13/11/19

"Bibliopatio": dinamizando os recreos e contribuíndo ó fomento da lectura

Actividade "ó aire libro" 




Co alumnado de 5º de Primaria como axudantes puxemos en marcha unha actividade que axude a fomentar o gusto pola lectura e a posibilidade de gozar dos libros no patioOutra achega do equipo de dinamización da biblioteca escolar para posibilitar que ó aire libre ("ó aire libro") gocemos de estampas como as de varias crianzas gozando dalgún libro, de nenas que lle len a nenos, dalgún neno que lle enseña a outro o descubrimento que atopou nunha revista, nun libro, ó aire libre.Os axudantes da biblioteca, perfectamente identificados coa camiseta que así o indica, pasean polo patio e posibilitan que o alumnado poida coller un libro, revista... que levan no carro. Sabe, porque así llo fan saber os que lle fan o préstamo que no remate do recreo debe devolver o libro ó carro que estará ó lado do banco baixo as imaxes de Rosalía, na entrada ás aulas de primaria, no edificio principal, cun cartel que identifica ese recuncho: Bibliopatio.Se quixese levar ese libro para a casa, sei que teño que ir á biblioteca para poder formalizar o préstamo, como cos demais libros (achegando o dato do meu número de socio da B.E.). Moitas grazas ó alumnado de 5º de primaria por asumir esta responsabilidade e propiciar, que nos nosos tempos de lecer teñamos máis opcións, cada día, de pasalo moi ben.  





No hay comentarios:

Publicar un comentario