25/5/24

La magia de mi nombre

"Canto máis les, máis cousas saberás. Cantas máis cousas aprendas, a máis lugares viaxarás." Dr. Seuss, escritor e debuxante estadounidense

Magalí, nova #Pisacharcas do noso cole, e Ares levaron ata a nosa BE unha fermosa historia de fadas e nenas que queren saber todo ao redor do seu nome. Ao longo deste fermoso conto, Ares, a protagonista desta historia, descubrirá o poder das letras que compoñen o seu nome e todas as aventuras que vai poder vivir grazas a chamarse dese xeito.

Motos, pizzas, monstros, estrelas, ... e outros moitos elementos e personaxes irán aparecendo nos seus soños para chegar á mañá seguinte sabendo que especial e máxica somos cada un/unha de nós!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario