2/5/24

#SomosArte

 « O arte é o que deixas saír». Andy Warhol

Nesta actividade de cadros humanos de famosos como Frida Kahlo e Vincent van Gogh recreáronse algunhas das súas obras máis icónicas sendo o alumnado un lenzo. 

Os participantes nesta actividade tiñan que pousar de forma estática e seguindo as poses e xestos característicos dos retratos orixinais. Ademais, poderíanse incorporar elementos escenográficos e accesorios que axuden a recrear o ambiente e a atmosfera das obras.

Esta actividade homenaxea a estes famosos artistas e deunos  a coñecer a súa obra dunha maneira orixinal e creativa,  experimentando a sensación de formar parte dunha obra de arte e explorar a súa creatividade a través da interpretación dos personaxes retratados.

E tamén para saber que nós mesmas somos unha obra única...!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario