1/5/24

A forza dos valentes está no corazón

"Es ti, es así. Que os demais non o aceptan? Pois alá eles! Como ti non hai ninguén." Vanesa, Romero, modelo, presentadora e actriz.

Desde o 2 de maio de 2013, celébrase nesta data o Día Mundial contra o Acoso Escolar. Foi promovido pola entidade ‘Bullying Sen Fronteiras', cun comunicado inicial apoiado por máis de 3.000 organizacións non gobernamentais de todo o mundo.

Con esta intención nace esta conmemoración anual, para dar visibilidade a un problema, como é o acoso escolar. Desde entón, fixaron dous modelos de persoas, como son Martin Luther King e Nelson Mandela, abandeirados de liberdades e causas xustas xa que, como dicía Mandela, "a educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo".  http://educalab.es/-/2-de-mayo-dia-mundial-contra-el-acoso-escolar-

O noso cole sempre ten a loita contra este tipo de actitudes como sinal de identidade permanente e amosamos tolerencia cero ante o acoso escolar. Sempre está presente en todas as accións que a Consellería de Educación leva a cabo para previr e atallar calquera forma de violencia e discriminación nos centros educativos.

“Os abusóns non teñen cabida no sistema educativo galego”, dixo Alfonso Rueda na presentación do "Plan integral contra o acoso ecolar e o ciberacoso con puntos laranxas físicos e virtuais para denunciar de forma anónima e segura". No Rosalía, por suposto que non! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario