21/12/21

PUBLICAMOS UN NOVO BIBLIOBOLETÍN

Ola de novo habitantes e visitantes da Charca dos Libros, queremos aproveitar esta nova entrada para transmitir o desexo de Papacontos de que pasedes unhas felices festas neste Nadal. e que, tendo en conta as circunsrtancias, disfrutedes en familia e cos vosos seres queridos, incluidos os libros! Si, un libro é unha das mellores compañías que podemos atopar, xunto a eles non é doado aburrirse!

Seguro que nestas datas atopades algún intre para adicarlle á lectrura,tanto  a nivel individual como para compartir en familia. Tamén é máis sinxelo atopar uns momentiños para xogar en familia. Este é o obxectivo deste biblioboletín, lembrarvos algúns títulos e xogos educativos que consideramos poden ser do voso interés ,xunto a outros moitos que poderedes atopar se  visitades algunha librería ou Biblioteca, ou "navegades" buscando xogos e libros.

Tamén queremos visualizar que a nosa Biblioteca segue estando en continuo cambio e á procura de novas vías que nos acheguen a superar, pouco a pouco, o simple lugar de préstamo de libros. Ese é o obxectivo do Espazo Creativo, que pasiño a pasiño, xa está de novo en funcionamento. Non son tempos fáciles para ninguén, e para o ámbito escolar e a nosa Biblioteca tampouco. Sabemos que sen a colaboración de todos: familias, Institucións, profesorado e persoal non docente e, por suposto alumnado non sería posible avanzar, polo tanto: grazas a todos e todas e a seguir crecendo!

A continuación podedes visualizar o biblioboletin do que falamos e que tamén levaron todos os alumnos e alumnas do noso Centro en formato papel.


No hay comentarios:

Publicar un comentario