Este curso 2021 - 2022, o alumnado de sexto de Educación Infantil ten un ambicioso proxecto. Da man das súas mestras, Diana e Sonia, teñen previsto coñecer as distintas institucións locais, provinciais, autonómicas e nacionais que teñen presenza na nosa vila, ademáis doutros lugares que teñen unha especial relevancia no día a día de tod@ @s limiáns.
Comezan polo máis próximo, o noso concello, onde foron recicbidos por Elvira Lama e por Alberto Martínez, Concellerio de Educación.
Nesta "sesión plenaria", o noso alumnado compartiu coa nosa Alcaldesa un montón de preguntas para saber "que tiña pensado facer o próximo ano, como facía para que todos a escoitasen e obedecesen, se tiña fillos, como celebraba o seu aniversario, se xa decorara a súa casa de Nadal", e incluso preguntáronlle como era posible "que se mandas en todo Xinzo, por que non mandas no meu papá ..."
Destacar o trato recibido, cordial e cariñoso, por parte de Elvira e Alberto, pendentes sempre das nosas nenas e nenos, agasallando a tod@s el@s cun pequeno recordo desta xornada tan especial.
Aproveitaron tamén para visitar a Biblioteca Municipal, onde viron todos os seus recursos que nun futuro moi próximo poderán aproveitar como grandes lector@s que seguro serán!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario