Durante estes días o colectivo ´"Nós mesm@s"
impartiu a varios grupos de Educación Infantil e Primaria unha serie de
"contacontos, charlas, obradoiros…que teñen como obxectivo desenvolver as
capacidades afectivas deste alumnado en todos os ámbitos da personalidade e nas
súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á
violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de
discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual e de xénero".
Son actividades que consideramos moi necesarias para coincienciarnos todas e todos da necesidade de recoñecer a identidade de cadaquen e respectar toda a diversidade d@s que nos rodean, evitando así nun futuro condutas violentas, tan presentes, por desgraza, na sociedade na que vivimos. Educar en valores ás xeracións de hoxe, garantiza un cambio nos adultos de mañá...
No hay comentarios:
Publicar un comentario