Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

12/3/19

Coñece as túas Institucións 2019

Hoxe, o alumndo de quinto de Educación Primaria viaxou ata Santiago de Compostela para coñecer como funcionan dúas das nosas institucións máis importantes no goberno da nosa Autonomía: O Parlamento de Galicia e a sé da Xunta de Galicia en San Caetano. Acompañados por Carlos Gómez Salgado Vedmar no primeiro e Jesús Oitavén no segundo, comprobamos cales son as funcións destes dous órganos de goberno e fixemos de conselleirxs por un día.... Experiencia inesquecible
Tamén aproveitamos o dia para ser o primeiro colexio de toda Galicia en visitar a exposición "Leonardo da Vinci", onde poidemos ver as principais obras pictóricas e manipular moitos dos inventos deste visionario renacentista.

















5/2/19

Visita da Conselleira de Educación e outras autoridades





Nesta xornada de martes 5 de febreiro tivemos no Ceip á Conselleira de Educación, Carmen Pomar, acompañada doutras autoridades autonómicas, provinciais e locais como a Delegada Marisol Díaz e a Xefa Territorial de Educación en Ourense, o Inspector, o Alcalde e Concelleiros de Xinzo.
Xa estiveran no Ceip Carlos Casares e aquí, despois de estar no edificio administrativo, deron unha volta polo Centro, visitando algunhas aulas, a cociña ... e tamén a biblioteca onde estaba Sonia léndolle un conto ó alumnado de primeiro. 
Velaquí dous enlaces para ler máis sobre a visita.


20/11/18

Hoxe a mestra foi Irena Stanisic

No Día Universal dos Dereitos da Infancia, neste 20 de novembro, nós contamos no Centro coa presenza de Irena. Ela leva na Limia 9 meses, no Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" a través do Servizo de Voluntariado Europeo. Estivo unha sesión co alumnado de 4º A para achegarnos moitas informacións do seu país: Bosnia y Herzegovina.
Algúns aspectos históricos coma o asasinato de Ferdinand (1941) por Gabrilo Princip (un dos detonantes da 1ª guerra mundial), o cambio nesa península balcánica do que era Iugoslavia ós seis países que hai hoxe...

Pero tamén o idioma, cos alfabetos Latino e o Chirilica (no que nos escribiu os nomes), as 9 estrelas brancas da bandeira, as catro principais relixións que alí conviven (Ortodoxos, Cristiáns, Hebreos e Musulmáns), a Konvertibilna (moeda, diñeiro)... E algunhas datas sinaladas coma o "equivalente" ó noso Nadal que eles celebran o 7 de xaneiro ou as imaxes dalgúns deportistas que si nos resultan coñecidos (Zlatan Ibrahimovic, Dzeko...); e bailes, comidas típicas e imaxes dun país que nos sorprendeu. Moitísimas grazas!

17/6/16

Os de 3º por Vigo: Zoo, Samil, Vitrasa...

Hoxe venres, 17 de xuño o alumnado de 3º pasamos a xornada por Vigo. Coa sorte de gozar dun espléndido día (dinnos que por Xinzo choveu bastante e nós non só non vimos chover en Vigo, senón que tivemos sol...) pasámolo xenial no zoo, en Samil (mágoa de non ter máis tempo para probar a auga), no autobús turístico de Vitrasa e despois nas súas instalacións. Moitísimas grazas ao limián Juan Carlos Villarino Castillo, Director Xeral da compañía, que nos acompañou e aos traballadores que nos posibilitaron coñecer as instalacións e probar o andarmos nun autobús híbrido, nun modelo de 1968 e nos últimos modelos que está estreando a compañía. Ah! e moitas grazas ó noso Director que fixo de guía no bus turístico aprendéndonos moitas cousas da mariña. (Este home sabe de todo!!!)

O alumnado de 4º en correos

Onte, xoves, 16 de xuño o alumnado de 4º estivo en correos, aquí ó lado... Moitas grazas, Ramón e a todo o persoal de correos que forman parte da nosa comunidade educadora.

27/5/16

Celanova, Lodoselo, As Corcerizas, Santiago...

Unha semana moi movida: Alumnado de 6º en Celanova. Visittaron o mosteiro de San Rosendo e a casa de Curros Enríquez e participaron nun concerto didáctico de órgano, acompañados pola profesora Marisol Mendive, profesora de órgano no Conservatorio de Ourense. Interpretaron unha peza tradicional galega " o vlas dos vellos", o Fortuna de K. Orff e a herba de namorar (outra peza tradicional). Velaquí a mostra dunha delas

Os de 1º de primaria nas Corcerizas, o equipamento de Amigos da Terra (en Arnuíde)


 

 

Os de Infantil de 3 anos e os de 3º de Primaria no Pobo escola (Lodoselo) parando antes en Piñeira Seca para ver as instalacións da Patacas Fritas Guays e á volta na parcela da SGHN





Neste enlace podedes ver moitas fotos deste día 

Os de 5º por Santiago: visitaron o Parlamento, as cubertas da catedral e a cidade da cultura. Aquí visitaron a exposición CON-FÍO e tamén realizaron un obradoiro.



23/6/15

Visita do alumnado da escola Infantil

Recibimos ó alumnado da escola Infantil que se vai ecolarizar no noso centro o vindeiro curso. Por iso demos unha volta polas instalacións do Ceip (aínda que na fotos só se recolle o momento da visita ó comedor...) e descubrimos con moito gozo que aquí está "Rosalía" a coelliña, que, tamén eles coñecen porque estivo algúns días, ó longo do curso, na Galiña Azul.

11/11/14

Estivemos na Fundación Coren

   O alumnado de 6º B e C pasamos unha xornada na Fundación Coren. Visitamos as instalacións, aprendemos de cooperativismo e fixemos algúns obradoiros de agricultura, gandería, reciclaxe e enerxías renovables. Comémolo xantar e pasámolo moi ben.
>

2/5/14

Imos ao Rexo!

Os nenos e nenas de primeiro visitamos o pasado martes 29 de marzo o ecoespazo de O Rexo en Allariz. Aprendimos como facer queixo, visitamos un aula medioambiental, e o que máis non gustou foi estar coas ovellas e darlle de comer os cordeiriños. Pasamos un día fenomenal!

3/4/14

No Auditorio e en Aceites Abril



   O martes e o mércores, 1 e 2 de abril o alumnado do 3º ciclo de primaria cambiamos a aprendizaxe nas aulas do Centro pola aprendizaxe noutros espazos: fomos a Ourense. Primeiro estivemos no Auditorio escoitando unha actuación de percusión, "Odaiko, vaia circo" (os de 6º) e gozando dunha obra de teatro, "a arca de Noé" (os de 5º). A continuación visitamos as instalacións de Aceites Abril no polígono industrial de San Cibrao das Viñas: moitas grazas polo tempo e a atención que nos dedicaron (vista guiada coas pertinentes explicacións e mesmo agasallos!!!).  


24/3/14

Todos queremos ser....policías!!

O alumnado de segundo de Educación Primaria visitaron hoxe as instalacións da Comisaría da Policía Nacional. Calabozos, sala de tiro, comunicacións, ... foron algunhas das dependencias  que tan amablemente lles amosaron todo o persoal que alí traballa, encabezados pola subinspectora Teresa, que é ex alumna do noso centro. Posteriormente foron ao Auditorio Municipal para desfrutar da obra de teatro "Bon Appetit". Unha mañá completa e moi moi entretida....