15/5/21

Tecnoloxía en Igualdade. Programa ADA

O obxectivo do Programa ADA de formación en TIC no ámbito educativo, organizado polo Instituto das Mulleres do Ministerio de Igualdade do Goberno de España é o promover o interese das nenas e mozas nas ramas tecnolóxicas de estudo, con iso pretendemos contribuír a unha maior presenza de mulleres nas carreiras tecnolóxicas en xeral e no ámbito das TIC en particular.

No marco do programa realizaranse talleres dirixidos ao alumnado de 3º a 6º de primaria e 1º de ESO. Exponse a vida de Ada Byron como fío condutor no desenvolvemento das actividades, relacionándoas con diferentes fitos na súa vida nun proceso gradual de motivación e descubrimento. Así mesmo, este programa pon ao dispor do profesorado, en formato dixital, a publicación “Iniciación á tecnoloxía en Igualdade. Guía para o profesorado” , xunto cunha presentación para proxectar na aula durante o desenvolvemento das dinámicas e un ficheiro para impresión 3D.

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e desenvólvese en coordinación cos Organismos de Igualdade das CCAA.

Realizáronse talleres nas Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela a Mancha, Castela León, Ceuta, Estremadura, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e Valencia, editándose un vídeo das actividades.

O noso alumnado de cuarto de Ed. Primaria participou nestes talleres da man de Lucía ao longo de dúas mañás, unha por curso, resultando unha experiencia moi enriquecedora e una aproximación á tecnoloxía en igualdade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario