23/5/21

Manuel Fontemoura presentou a súa nena do vestido de flores!

Dentro das actividades para conmemorar a Semana das Letras Galegas no centro, contamos coa presenza de Manuel Fontemoura para presentarnos a súa última obra "A nena do vestido de flores", do que xa falamos nunha anterior publicación deste blog, pero que nesta ocasión escoitamos do seu propio autor todo o que conleva o proceso creador desta historia ata deixala plasmada neste libro de obrigada lectura se queremos coñecer mellor a realidade das persoas que viven con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día.

O alumnado de sexto de Educación Primaria tomou boa nota do que alí se falou e foron bastantes @s que quixeron que Manuel lles dedicara o seu exemplar para conservalo como un recordo desta grata visita ao noso centro, impulsada polo Equipo de Dinamización da nosa Biblioteca Escolar.

Moitas grazas Manuel, pola túa proximidade e agarimo que tiveches co noso alumnado!












No hay comentarios:

Publicar un comentario