7/2/20

Polo San Brais na Lagoa de Antela a barquiña verás....

Hoxe tivemos o pracer e o luxo de desfrutar toda a mañá con Anxo Moure. Todo o alumnado puido gozar das historias sobre ríos, fontes, regatos, ... que Anxo trouxo ao noso cole.
Esta iniciativa está financiada pola Confederación Hidrográfica do Miño - Sil dentro do seu programa "O Barqueiro dos ríos" que prentende reforzar a educación ambiental falando dos ríos máis próximos, da súa problemática, de que xestos debemos cambiar para melloralos e, por suposto, iniciativas diversas para desfrutar deles.
Trasnos, árbores, xacias, xacios e outros moitos seres reais e imaxinarios que poboan os nosos ríos foron os protagonistas dunha multidade de historias que Anxo e @s  axundantes do Rosalía pescaron nas augas tranquilas do río Limia....
Acompañáronnos nesta actividade representantes da Confederación Hidrográfica e a alcaldesa do noso pobo, que tamén pasaron un moi bo rato escoitando atentamente a este Barqueiro dos ríos. Non perdades todas as fotos e as cariñas do noso alumnado... Sen dúbiba, unha mañá moi especial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario