18/2/20

Exposición de Pósteres: preparando os encontros PLAMBE

Como nestes últimos cursos, nos Encontros PLAMBE teremos unha exposición de pósteres nos que se presenta algunha iniciativa ou experiencia das bibliotecas. Estos serán expostos nunha zona habilitada para este fin e durante a xornada teremos un tempo para que os responsables comenten a súa presentación e resolvan dúbidas.

Este ano queremos centrarnos en dous aspectos concretos:

- Os obxectivos 2030 na biblioteca escolar, referidos tanto á promoción dunha educación de calidade, na protección e salvagarda do patrimonio cultural, na promoción do acceso á información e ás tecnoloxías da información e a comunicación, á igualdade, á sustentabilidade, á inclusión ...

-A biblioteca escolar como viveiro de cidadanía. Accións promovidas desde a biblioteca escolar como espazo de encontro, diálogo, lectura crítica, reflexión, investigación, creación ...

No enlace, o documento coas características técnicas do póster. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario