Onte, inserido no programa de artes escénicas para escolares de Afundación, e da man de La
Baldufa Companyia ide Comediants asistimos á obra de teatro “Safari”,
dirixida a escolares de 1º e 2º de Educación Primaria.
O bullying é o tema a abordar neste espectáculo, en que nenas e nenos
poderán entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus
protagonistas: os animais da sabana. A preocupación dos nosos
investigadores, Piñote e Calabacín, será a de descubrir que está a
suceder e axudar estes animais ensinándolles que, a través das nosas
actitudes e comportamentos en positivo, podemos convivir dunha maneira
doce e tranquila, respectando a todo o mundo.
Educación inclusiva e en valores, temática que está moi presente no noso Proxecto de Centro Educativo e no noso día a día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario