Hoxe, 12 de febreiro, sae o "Eu son... Rosalía" (elaborado no noso Ceip) no Xornal Escolar suplemento dos mércores na Región. Parabéns ós/ás participantes!!!
Un curso máis FINALISTAS en XORNALISTAS
NA ESCOLA 2019-2020.
Este concurso, convocado pola Región (suplemento xornal escolar), ten por obxecto a elaboración dun periódico con contidos
informativos de interese para a comunidade escolar e o seu entorno social.
Poden participar os alumnos/as de calquera clase de educación
primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial de centros
públicos, privados o concertados da provincia de Ourense, baixo a dirección
dun dos seus profesores/as.
A Región designa ós membros que forman parte do xurado
do concurso, que son os encargados de fallar os premios en cada unha das
categorías. O xurado está formado polo director da Región, a
coordenadora do suplemento Xornal Escolar e outros periodistas.
Selecciónase un traballo gañador por categoría . O alumnado dos traballos gañadores serán gratificados cunha festa á que
deberán ir acompañados por un profesor responsable do colexio. Os traballos
gañadores e os finalistas de cada categoría publícanse no suplemento
Xornal Escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario