23/6/19

O programa PROA chega ao seu fin!!

Rematamos por este curso escolar o Programa de Orientación e Acompañamento Escolar (PROA) que, dentro da actuación do proxecto dos Programa Contrato da Consellería de Educacón, Universidade e Formación Profesional, brindou un ano máis ao noso alumnado a posibilidade de recibir un reforzo educativo importante nas estratexias, ferramentas e técnicas de estudo nas áreas troncais dos distintos cursos de Primaria.
Acabamos este curso cunha xornada lúdica, onde os xogos tiveron un rol fundamental e tamén fixeron entrega de materiais e diplomas conmemorativos.
Moitas grazas ao profesorado do centro implicado, en especial á noxa orientadora Rita Reza polo seu labor de coordinación, e especialmente a Antía Pousa Bello, a docente deste curso, pola súa implicación total e compromiso absoluto con este proxecto e sobre todo co seu alumnado.... Esperamos contar contigo pronto de novo no noso cole!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario