27/6/19

E tempo de novas acollidas



Nesta última semana de xuño, o mércores 26, Sonia e Diana, compañeiras de ed. infantil tiveron unha xuntanza, na biblioteca, coas familias dos nen@s que se van incorporar o vindeiro curso. 

É esta unha reunión moi importante e tamén o facela xa en xuño porque a incorporación á escola conleva uns cambios que convén ir traballando con tempo e sempre coa participación das familias.
Por isto se puxeron enriba da mesa unha manchea de actividades que podemos ir facendo para favorecer a adaptación á escola. 
Pero tamén se reflexionou sobre o período de adaptación: concepto, obxectivos, organización e recomendacións.
Explicáronse os criterios de división do alumnado e finalmente fíxose un percorrido temporal a modo de exemplo dun día na aula de tres anos; as rutinas e distintos momentos que se dan nunha xornada desde a súa chegada ó Ceip ata que volven para a casa.
Moitas grazas a tod@s pola participación

https://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/proceso/oproceso/o_prodeso_de_adaptacion.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario