O día 5 de abril puxeramos en marcha a incubadora que temos no Centro; cada día fomos metendo ovos de kikas, galiñas de varias razas, pato mudo, pato indio, faisán, oca, galiña de Guinea, perdiz e pavo real. Non nos naceu ningún exemplar de pato mudo, de galiñola ou pita de Guinea e de pavo real; si de todo o demais.
Consideramos así e todo que tivemos unha tasa grande de nacementos, algunha baixa e gozamos deste proceso que ocorre dentro do ovo e que temos recreado con fotos colocadas na incubadora día a día. Aquí poñemos un vídeo con ese mesmo proceso.
O luns 3 de xuño baixamos os últimos ovos das bandexas á espera de que nazan nos próximos 2 ou 3 días. E o 6 (dous meses despois da posta en marcha) apagamos e limpamos/desinfectamos a parte de abaixo da incubadora.
Moitos dos que naceron (máis de 50) xa os foron levando o alumnado, profesorado... Outros baixámolos para o espazo que habilitamos no patio, no recuncho que antes ocupaba o depósito de gas; os máis noviños aínda seguen dentro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario