21/11/14

Preparádevos para os novos desafíos

Ola!!! Desde o equipo de Biblioteca escolar estamos a elaborar por ciclos uns retos matemáticos. ¿Como? Se a maioría da xente "odia" as matemáticas!!!!!!! 
Pois iso, imos empezar propoñendo desde aquí xogos, adiviñas, desafíos con números e letras... e quen sabe se non acabaremos organizando unhas "Olimpiadas Matemáticas". Ánimo!!! Para ir abrindo boca aquí vai algún reto dun libro que temos na nosa biblioteca "3L  4S3S1N4T0  D3L  PROF3SOR  D3  MAT3M4T1C4S"  de Jordi Sierra i Fabr.

1. Escribe nun cadrado de tres por tres os números do 1 ó 9 de maneira que sumen sempre 15 en horizontal, vertical e diagonal.









2. Como se escribe 20 con 4 noves?

Podedes vir comprobar se chegamos ás mesmas solucións; xa sabedes nas horas do recreo esperámosvos na biblioteca; tamén podemos achegar algunha pista...

No hay comentarios:

Publicar un comentario