O equipo da nosa biblioteca tamén estivo representado e participamos nestas V Xornadas; botamos man desta magnífica recensión que lemos no blog de animación á lectura da B. do Ies de Poio.
Esta fin de semana tivemos o pracer de asistir ás V Xornadas das BIBES e, coma sempre (menudo nivelón), volvemos con novas ideas e con moita aprendizaxe na mochila.
Imos pois a poñer en práctica o ensinado e tentar –humildemente- realizar unha práctica de “Curación de contidos”, é dicir reunir/seleccionar recursos que se presentaron nas xornadas e comentalos, “dar sentido ao que outros crean” en palabras de Javier Guallar; sabemos que estes recursos deberían ter pasado pola web pero coma si pasaron un filtro tecnolóxico (foron recollidos na tablet e van estar recollidos na páxina das BIBES galegas e no seu repositorio ) dámos por válido ese filtro web.
Comezamos pois pola intervención de Ricardo Gómez e as súas mazás envelenadas da educación: o informe Pisa, a burocratización , os efectos perniciosos do bilingüismo, os inconvintes do mundo TIC e a ideoloxía implícita. A hisoria sempre nos dá leccións que permiten preparar o futuro. Unha ponencia, a de Ricardo Gómez, que nos permitiu sentar as bases do que viña deseguido, reflexionamos sobre a mitoloxía, a historia e o sistema educativo século XX? Mónica Baró vai completar esta ponencia coa súa ollada ao futuro.
A biblioteca escolar ten sentido hoxe??? Sempre clara, concisa e directa Mónica Baró (un pracer escoitala) apórtanos as claves das BIBES do século XXI: Contribúen a mellorar o rendemento escolar (a súa función crítica é fundamental para nós), favorecen a competencia informacional, rompen a brecha dixital ( os que teñen e os que non teñen), facilitan o acceso físico e virtual aos recursos, etc… Hai un novo papel para a BIBE como novo espazo de aprendizaxe, é precisa unha evolución cara aos novos retos (debemos mudar as aulas e as aprendizaxes que faciliten o desenvolvemento do pensamento crítico e creativo): As novas competencias, o alfabetismo en información e en medios de comunicación.
A media mañá, Javier Guallar falounos de “A curación de contidos” (content curator= xestor de contidos, recoller o máis relevante sobre un tema específico, busca, selecciona, caracteriza e difunde). Nas BIBES relaciónase coa información dixital disponible na Rede, e innova; como a BIBE se relaciona coa súa comunidade de usuarios.”O profesor xa non é o que sabe senón o que FILTRA a información e a distribúe cun valor engadido, será un axente mediador de formación”. Recordatorio importante: Citar as fontes, filtrar e comentar. Moito que ver co labor que facemos nos blogs das BIBES.
Rematamos sesións coa ponencia de Pérez Tornero sobre competencia mediática e formacional: “ Hai que renovar a escola, un novo mundo, novas linguaxes…precisamos unha NOVA ALFABETIZACIÓN. Debemos aceptar a PLURALIDADE e a COMPLEXIDADE das novas linguaxes, facer unha LECTURA PLURIDIMENSIONAL, formar na comprensión crítica do coñecemento; as lecturas de hoxe son plurais e colaborativas, debemos impulsar as múltiples linguaxes e a súa intertextualidade, tarefa de TOD@s(profesorado e todos os sectores do sistema educativo).
Creativo e reflexivo o traballo dos ponentes, imponente e participativo o das compañeiras e compañeiros das BIBES que presentaron as mesas de experiencias e excelente o labor d@s representantes da Asesoría de BIBES en todos os aspectos ( sen esquecer o grande valor nas tarefas dos representantes do CAFI e dos CEFORES).
Virán tempos de CRISE e innovación sen apoios… estaremos aí, case mil representantes das BIBES de Galicia, unha finde en Compostela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario