10/11/14

GaliciaLe. A plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas pública galegas

GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

    Así que, xa sabes...    www.galiciale.es,
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
1. Ser usuario con carné dunha das bibliotecas da Rede das Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima e solicitar o teu carné. Se xa o tés cubre o formulario de inscripción para rexistrarte como usuario de GaliciaLe.
2. Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil, etc) e unha conta de cooreo electrónico.
Se xa es usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, rexístrate.
Se aínda non tes carné, diríxete a unha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a. Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.
Unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de libros electrónicos en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.  www.galiciale.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario