A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de remitirnos un novo vídeo no que un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida
a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e
músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de
mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que
aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da
grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel
Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa,
Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel
Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro,... Esperamos que vos guste.
Con este video coñecemos mellor a obra de Rosalìa.O alumnado de 6º A gustounos.
ResponderEliminare moi bo gustoume moito espero que fagades mais deste tipio
ResponderEliminar