11/2/14

Capoeira no CEIP Rosalía

O alumnado do centro recibiu nestes días a visita de Adel, monitor de capoeira. 
Grazas a elo os rapaces e as rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de iniciarse e coñecer esta modalidade deportiva de orixen brasileiro, que consiste nunha mestura entre arte marcial e danza.
A experiencia foi moi gratificante. Os nenos/as quedaron encantados con esta nova modalidade e desexosos de volvela a practicar nun futuro. 
Esperamos poder levar a cabo máis actividades deste tipo, transmitindo aos rapaces a grande cantidade de deportes e actividades que poden practicar no seu tempo libre e primando a necesidade da realización de actividade física como un hábito saudable na vida cotiá.
Aquí deixamos unha breve mostra do realizado.








1 comentario:

  1. GÚSTANOS MOITO ESTA SECCIÓN DE DEPORTES NO BLOG!!!
    Moi boa idea practicar capoeira!!!
    Somos uns privilexiados!!!!

    ResponderEliminar