Máis recursos e información en https://carvalho2020.gal/
31/10/20
Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero
Misteriosas presenzas no noso cole...
Samaín 2020. CEIP Rosalía de Castro. Ano complicado para compartir experiencias, para achegarnos, para poder facer cosas tod@s xunt@s... No medio desta situación algunha presenza aparece polo cole para encher de sonrisos (e algún que outro susto) ao noso alumnado. Moitas grazas querid@ compañeir@ por romper a regularidade do día a día e recordarnos que temos motivos para celebrar, conmemorar, facer outros aprendizaxes distintos nestas circunstancias tan particulares que son tan ou máis importantes que os que aparecen nos libros de texto!
26/10/20
Recursos Samaín 2020
O Equipo da BE vén de recoller unha serie de recursos para traballar na aula referidos á celebración do Samáin que podedes atopar na nosa Biblioteca Escolar. Preme na imaxe para acceder a eles.
24/10/20
DÍA DA BIBLIOTECA
Nesta data celebramos o día do saber, da imaxinación, do pracer, do estudo, da cultura… Conmemoramos neste día 24 de outubro o Día da Biblioteca.
A iniciativa
desta conmemoración remóntase a 1997, onde a asociación Española de Amigos do
Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, promove esta
homenaxe ás bibliotecas tras a destrución da biblioteca de Saraxevo en 1992
durante o conflito balcánico. Querían con isto retratar e resurxir a
importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as
idades, como lugar de convivencia, de formación e de cultura.
Certo é que as
bibliotecas achegan o poder da lectura a tódolos públicos, independentemente da
súa idade, posición e condición social, facendo que a cultura esté ao alcance de
todos, e converténdose así nun axente igualitario da nosa sociedade. Hoxe en
día as bibliotecas contan con recursos tanto en papel como dixitais, dotando
aos usuarios da posibilidade de desenvolverse e acceder a tódolos contidos do
mundo actual.
No eido educativo
a biblioteca non fai mais que apartacións positivas ao noso colectivo. Convértese
nun lugar de pesquisas interminables e saciador de curiosidades, nun lugar
máxico onde perderse atopando libros, nun espazo de reflexión e aprendizaxe… dándolle a posibilide a tódolos alumnos e
alumnas de sentir voar a súa mente con cada parágrafo, con cada páxina… sendo
cada libro unha viaxe a súa fantasía onde o único límite que teñen é a propia
imaxinación.
Gozar do silencio
exterior que rodea unha lectura chea de voces, persoaxes e aventuras, onde a
inmersión lectora fará que perdas a noción do tempo, tempo o cal posibilitou
vivencias e viaxes que na realidade física serían imposibles.
Vive mais, únete
ao apaixoante mundo da lectura!
22/10/20
Concurso de minicontos de medo e terror
A Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia vén de convocar o I concurso de minicontos de medo e terror. Aquí podedes atopar as bases e toda a información que é necesaria para poder participar. Animádevos!
1/10/20
A lectura alimenta as caldeiras do cerebro
Ler é unha necesidade. Se non lemos, como imos aprender a escribir? Se non sabemos escribir, como imos pensar? E se non sabemos pensar, xamais chegaremos a ser humanos. No corazón do libro late o rumor do poderoso silencio. Percorres inéditas sendas do pensamento. Descobres o mundo e tamén o mundo dos outros. E se persistes, ata os propios adentros.
A cunca das mans que sosteñen o libro énchese co dourado po da beleza, a textura do tempo, todos os aromas dos ociosos paseos polo xardín das palabras. E que máis? vestidos adolescentes da primavera, a morna luxuria do sol, todas as esculturas que desnuda o inverno, o viño novo do outono. E que máis? Ulises e Safo. A estilizada beleza de Nefertiti e os seis mil crucificados con Espartaco. Cervantes da man de Shakespeare. A tantos filósofos desfalecidos na procura da verdade. Nos libros late o medo que queimou a bruxas que só querían ser mulleres. Figuras como Gandhi, a nosa Rosalía, Marie Curie, Olof Palme vivirán sempre nos libros.
E que máis? A pólvora dos canallas. Versos quentando o corazón. Dragóns nos contos infantís. Bolboretas e todas as alas do ceo. Soños. E realidades: en 2018 editáronse 62.180 títulos. Medran os lectores aínda que un 38,2% non le nunca. Mágoa, pero ler, como amar, non soporta o imperativo.
Non poden gañar os desprogramadores do cerebro, ese big bang con cen mil millóns de neuronas. Enleadas en billóns de sinapses, nelas aniña a intelixencia e a fantasía. E os odios. As pulsións do sexo e os latidos da solidariedade. Creatividade para recrear un mundo onde importan todas as veciñanzas dos seres vivos.
Cada libro éche unha viaxe a rexións xamais visitadas. Por exploradores vacinados contra as enfermidades dos fundamentalismos, ou o camiño unidireccional. Do fascismo, ou o matonismo da violencia e do odio. Do fanatismo ou nada máis que a miña verdade. Por iso, a primeira lección do ler é a dúbida razoable. A lectura alimenta as caldeiras do cerebro. Contra os manipuladores e sicofantes e a feligresía onde medra o ruído, os berros, os fanatismos inventáronse os libros. Son baratos. Gratuítos nas bibliotecas públicas. Nunca excesivos. Duran toda a vida. Sempre volvemos a eles. Algúns terán un lugar privilexiado nos faiados da memoria.
Si, ler non é un gran placer. É moitísimo máis. E tamén un gran placer.
Un artigo do amigo Juan Antonio Pinto Antón
30/9/20
Morreu Quino, pero Mafalda será inmortal.
Aínda que a súa vixencia no século XXI é total, o debuxo de Mafalda quedou conxelado en 1973. Quino alegou que se lle secaron as ideas e seguiu creando outras historias. Con todo, o humorista non dubidou en recrear á nena por unha boa causa, como cando en 1977 ilustrou con Mafalda a Declaración Universal dos Dereitos do Neno para Unicef. O debuxante e a súa “filla” foron obxecto de múltiples homenaxes e recibiron galardóns por todo o planeta, destacando no 2014 o título de Caballero da Lexión de Honra de Francia e o Príncipe de Asturias de Humanidades.
https://www.lavanguardia.com/cultura/quino-muere-dibujante-ilustrador-mafalda.
28/9/20
A vocación de todo ser humano non é outro que ser boa persoa
Esta é unha das aprendizaxes dun bo libro "Carta a una maestra" escrito polo alumnado da Escola de Barbiana, seguindo o método da escritura colectiva. Cun Lorenzo Milani que segue sendo actualidade. Se o pasado luns traiamos aquí a Paulo Freire e a Pedagoxía do oprimido, este luns toca D. Milani e esta Carta de obrigada lectura para os que se dediquen ou queiran traballar en educación. E ter claro que o que discrepa non trepa, que segue habendo moito Pierino e a opción dalgúns é outra.
Hoxe unha representación da comunidade do noso Ceip volvemos abrazar a nosa realidade e dicir que esto non serve, que temos que xerar outro sistema. Que a educación ten que servir para dar máis oportunidades ós que máis o necesitan. Aprendemos e exercemos a solidariedade como o modo habitual de relacionarnos. Grazas!
Dous referentes nos meus estudos de maxisterio nos comezos dos anos 80 en Salamanca. Sempre coa análise da realidade como referente e cunha educación que sexa útil para o mundo real. Se en algo insistía D. Milani era en estudar o mundo real, en analizar o que pasa, en ver por que ocorren as cousas. A escola non pode ser un sistema alonxado da realidade.
Reler Carta a unha mestra é cuestionarse cando nos tomaremos a educación en serio.
Velaquí algunhas reportaxes que xa circulan grazas a Dende a Limia e a Voz de Galicia:
Dende a Limia en directo: Abrazo e Cacerolada
https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/ceip-rosalia-faise-oir-cacerolada-multitudinaria
La Voz de Galicia. Edición Ourense
EN VÍDEO | [20:10] Familias y pequeños del CEIP Rosalía de Castro, en #Xinzo de Limia, protestan con una cacerolada por la alta concentración de alumnos en dos aulas del centro educativo. Imágenes de Miguel Villar.

E unhas fotos desta acción feitas por Eva (ANPA). Graciñas.
Día Mundial do Corazón
O Día Mundial do Corazón celébrase cada ano o 29 de setembro, e faise desde que no ano 2.000 a Federación Mundial do Corazón, co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS) designase este día, co obxectivo de concienciar sobre as enfermidades cardiovasculares, a súa prevención, control e tratamento.
As enfermidades cardiovasculares son a primeira causa de morte no mundo. Os infartos de miocardio e accidentes cerebro vasculares cóbranse máis de 17 millóns de vidas ao ano. E estímase que a cifra ascenderá a 23 millóns para o ano 2030.
Unha gran proporción destas mortes podería evitarse cunha alimentación saudable que reduza o consumo de sal, con exercicio físico e evitando o consumo de tabaco.
Como coidar o teu corazón? A OMS pretende convencer ás persoas en todo o mundo de que se pode facer un cambio positivo e coidar o teu corazón e o dos teus seres queridos, cun compromiso para a nosa saúde.
Algunhas das cousas que podes facer para coidar o teu corazón son:
- Cociñar e comer san: dieta mediterránea evitando o consumo de graxas saturadas e aumentando a inxesta de omega 3 e peixe.
- Facer exercicio físico, polo menos media hora diaria.
- Limitar o consumo de substancias prexudiciais como o sal, o tabaco ou o alcol.
- Controla o colesterol.
- Controla o teu peso. A obesidade é un risco cardiovascular importante.
https://www.diainternacionalde.com/ficha/dia-mundial-corazon
27/9/20
Día Europeo das Linguas
26/9/20
ABRAZO ó ROSALÍA E "CACEROLADA": LUNS 28 ÁS OITO DA TARDE: CONTAMOS CONTIGO!
De novo este vindeiro LUNS, 28, ás 20h IMOS RODEAR O COLEXIO POR SE AÍNDA NON SE ENTERARON QUE TEMOS O MELLOR DENTRO E QUE NOS IMPORTAN AS NENAS E OS NENOS.

24/9/20
Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
GALICIA LE
A plataforma de préstamo de obras en
formato electrónico das bibliotecas públicas galegas
·
QUE
É?
Se xa es
socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente
precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa
biblioteca.
Se
esqueciches o teu contrasinal, preme aquí
Se desexas
cambiar o teu contrasinal, preme aquí
Se non
dispós de credenciais para acceder a GaliciaLe ou non as coñeces, podes
solicitalas na túa biblioteca.
Se aínda non
tes carné ou o que tés xa non está en vigor, diríxete a unha das bibliotecas da
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para obter a túa tarxeta de lector/a.
Alí tramitarán o teu rexistro en GaliciaLe.
Unha vez
rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato
electrónico en galego ou en castelán premendo na icona correspondente.
21/9/20
Abrazamos o Rosalía: aprendemos a responsabilidade en comunidade
Os limiáns, convocados esta tarde a "abrazar" as peticións do CEIP Rosalía de Castro diante do centro
A ANPA do centro educativo anima a todos os veciños da Limia a unirse ás súas protestas diante do CEIP Rosalía de Castro este luns 21 de setembro ás 20:30 horas.
Máis de 150 persoas “abrazaron” ao CEIP Rosalía de Castro reclamando a praza do mestre que lle quitaron
Mestres, nais e pais seguirán convocando á cidadanía para que Educación recúe e manteña o mestre de Primaria co que xa non contaron ao comezar o curso.
Xeografías lectoras na biblioteca escolar.
Cada libro que o alumnado ten
a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar
os seus coñecementos, de aí a importancia
da selección de lecturas que se pon ao seu alcance. A
ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea
Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos
imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
En tempos confusos como os
que estamos a vivir cómpre volver ás orixes, ao fundamental: a lectura e toda a
súa potencialidade, sen esquecer outras oportunidades da biblioteca escolar
para unha formación integral do alumnado. Atravesar o mapa da lectura pode
facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:
- Pescudar nas lecturas que
convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar
lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o
inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión,
de "ler o mundo".
- Configurar o
itinerario lector como punto de partida da nosa xeografía lectora.
- Debuxar o mapa das nosas
curiosidades, exploracións e descubrimentos a través das lecturas.
Descubrir as relacións entre identidade e lectura.
- Observar o modo en que
cambiou a nosa xeografía lectora durante o período de confinamento (os nosos
hábitos, as nosas lecturas...).
- Saber que somos os nosos
propios cartógrafos, os que organizamos o noso espazo lector (e o noso
"liberespazo", o sistema de lecturas que imos creando ao longo da
vida).
- Observar o noso corpo como
un mapa de coñecemento, achegarnos á práctica da lectura a través do propio
corpo. Descubir a capacidade reparadora da lectura.
- Deixarse levar polas
relacións entre cartografía e literatura, que convidan á aventura
(debuxar espazos peritextuais, con mapas e planos que crean expectativas e
acompañan na aventura lectora, debuxar mapas que representan mundos coñecidos e
mundos imaxinarios, relacionar as nosas lecturas a través de "constelacións literarias", en
función da temática, os personaxes...).
19/9/20
LUNS 21 ÁS OITO E MEDIA DA TARDE: ABRAZO Ó CEIP ROSALÍA. ESPERÁMOSTE!
17/9/20
Espazos educativos ó aire libre: nun recuncho do patio
Axenda escolar da ANPA para todo o alumnado e profesorado
Este curso o ANPA do noso Ceip posibilitou que todos contemos cunha axenda escolar; é un proxecto que xurdiu -din na cantraportada- da irmandade coa asociación Limisi e en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller, Concello de Xinzo) e o CIX (Centro de Información Xuvenil da Limia promovido polo CDR O Viso).
Para que todas as nenas e o nenos teñan presente no dia a día a igualdade entre homes e mulleres; unha invitación para a reflexión persoal e a creación de espazos libres de sexismo e desigualdades a causa do xénero.
Parabéns pola iniciativa. Retómase así algo que, sen este enfoque específico sobre a igualdade, comezara a facer o CIX para todos os centros de ensino da comarca. hai xa moitos anos. Velaquí a portada da do curso 2003/4 que atopei aínda por aquí.
16/9/20
Celebramos as boas novas do IES e lembramos que nós seguimos reivindicando
Se hai dous días traiamos ó noso blog o escrito e a imaxe do IES Cidade de Antioquía hoxe celebramos con eles a consecución dos tres profesores que demandaban para poder iniciar o curso cumprindo coas garantías que esixe o protocolo covid.
IES CIDADE DE ANTIOQUIA
NOVAS
INICIO DE CURSO
A consellería de educación ven de concedernos no día de onte os 3 profesores/as que demandábamos para poder iniciar e desenvolver o curso cumplindo coas garantías que esixe o protocolo covid para os centros educativos.
Todo o persoal do centro está a traballarna organización do inicio de curso, para que ésta se leve a cabo nas datas previstas e nasmellorescondicións posibles.
Queremos darlle as grazas a todas as persoas que botaron unhaman para que istotivese repercusión e chegase a bo fin.
A páxina web do centro estará en constante actualización para dar conta de todas as novidades que se produzan.
Xinzo de Limia 16 de setembro de 2020
E lembramos que nós seguimos concentrándonos todos os días lectivos á porta do Ceip membros do Claustro, da Corporación Municipal, da ANPA, familias e veciñanza. E chamando á xefatura Territorial para facilitarlle achegarnos a boa nova que agardamos.
Testimoniando que se de verdade queremos lograr algo temos que loitar por conseguilo. Tamén é educativo aprenderlle ó noso alumnado o enfrontarmos a realidade confiando nos logros dos nosos esforzos, poñendo da nosa parte cada un o que poida porque polo xeral "loita quen ten conciencia, non quen máis o necesita".