Conmemoramos neste 31 de outubro o Día das Letras Galegas debido o seu adiadamento dende o mes de maio. Unha celebración máis estrana e que as condicións sanitarias e de distanciamento social non nos permiten levar a cabo grandes actividades dun xeito conxunto no cole. En todas as nosas aulas tiveron nestes días un recordo especial para Ricardo Carvalho Calero, escritor ao que se adicou este ano esta grande homenaxe.
Sirva esta pequena peza elaborada por Illa Bufarda para A Fundación para recordar os momentos máis sobranceiros da vida e obra do primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.
Por mil primaveras máis!
Máis recursos e información en https://carvalho2020.gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario