15/3/22

Todo ... Rico, rico !!

Que ben volver á Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia (moitísimas grazas polas facilidades dadas polo persoal da Concellería de Cultura, María e Alfonso, para poder levar a cabo esta actividade) máis de dous anos despois e cunha obra tan divertida como este Saaabor!! da man de Félix Rodríguez e Fran Rei, que nos fixeron pasar unha hora de risas e entretemento!

"Saaabor!, Premio do público  Festiclown 2018,  é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

Félix Rodríguez é un actor e músico con ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko,  Píscore e Trío  Refugallo, que nesta ocasión compleméntase perfectamente con Fran Rei, cómico que participou en máis de 20 montaxes con compañías como Vos  Sete Magníficos  máis Un,  Pallasos en Rebeldía ou  Acontrabutaca."  https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/saaabor

Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fixo as delicias dos padais máis esixentes entre o noso alumnado!

Fotografías: Manuela Vázquez Bouzas

Música: Dj NiFran - Danza Invisible - Sabor de amor

No hay comentarios:

Publicar un comentario