30/3/22

Tempo de actualizarrnos!!

Dentro do proceso de actualización e formación que todo o profesorado do noso centro leva a cabo, dende o Equipo da Biblioteca Escolar organizouse un taller sobre  programación con scratch, e-textiles e todo o relacionado co pensamento computacional. Tivemos a gran fortuna de contar coa presenza de Paola Guimerans, referente neste ámbito formada nas universidades de Sevilla, Nueva York e Madrid e cunha ampla experiencia en formacións, tanto para alumnado como para profesorado, impartindo numerosos cursos para a propia Consellería de Educación.

Pola mañá Paola tivo catro sesións co alumnado de terceiro e cuarto, onde puido demostrar ao alumnado que aprender tamén pode ser moi divertido e que ademais de outras competencias tamén é necesario traballar a competencia "computacional", entendo como funcionan os "robots" que nos rodean no día a día.

Xa pola tarde foi a quenda para o profesorado do centro, facéndonos ver que necesario é introducir dun xeito gradual todas estas competencias 4.0 no noso xeito de ensinar e como as xeracións que estamos formando manexarán todas estas ferramentas dun xeito habitual, o que supón un cambio similar á introducción da Internet de das TICs no ensino, vinte anos atrás...!!!

So queda agradecer a Paola a súa implicación e paixón en todo aquilo que ensina e amosa, facendoo moito máis motivador e parecendo que sexa moito máis doado o achegamento a estas novas competencias.

Fotografías: José M. García e Manuela Vázquez

Música: MARO - "Saudade, saudade" (Live in Avinyó)


No hay comentarios:

Publicar un comentario