OS PROFESORES COMEZARON ESTE XOVES UNHA SERIE DE
CONCENTRACIÓNS PARA PROTESTAR POLA DECISIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL
Educación amortiza a praza dun
mestre e concentra a máis cativos nas aulas do Rosalía de Castro de Xinzo
Cando mesmo na capital de Ourense veñen de restrinxir o número de
asistentes a unha concentración de persoas, no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, os seus mestres comezaron as
protestas pola orde da Xefatura Territorial de amortizar a praza dun profesor que
os obriga a contar cun maior número de alumnos nas aulas.
XOSÉ LOIS COLMENERO3 DE SEPTIEMBRE
DE 2020, 21:38
Todos os días desta e da vindeira semana concentraranse os mestres do
Centro de Educación Infantil e Primaria Rosalía de Castro para facer visible o
seu rexeitamento á decisión de Xefatura Provincial da Consellería de Educación
de deshabilitar unha praza dun profesor que lle permitía á institución
académica contar con tres grupos en Terceiro, de 17, 16 e 16 en vez dos 25 e 24
dos dous cos que quedará a escola neste curso.
Xustifícanse dende a Consellería en que amortizando esa praza mantéñense os
ratios máximos fixados por aula, de 25. Condición que discute o claustro dos
mestres e polo que veñen de iniciar esas mobilizacións: "Queremos
amosar a nosa máis profunda preocupación e rexeitamento á decisión tomada por
parte desa Xefatura Territorial de non habilitar unha praza de Educación
Primaria como se viña facendo nos cursos anteriores para poder desdobrar
aqueles niveis máis numerosos, e así poder traballar cun rateo que garantira
unha educación pública de máis calidade", din no documento asinado
polos mestres.
A decisión administrativa é todavía máis discutible dado o actual estado de
alarma sanitaria que prevé as "mínimas concentracións posibles, sen ir
máis lonxe, na capital de Ourense non se poden facer xuntanzas de máis de dez
persoas, e curiosamente dende a Xunta concentran a máis alumnos nas aulas",
di un dos profesionais da ensinanza.
Cando o estado de alarma sanitaria prevé na capital de Ourense, por
exemplo, mínimas concentracións de persoas, cun máximo de 10 integrantes, a
Consellería de Educación reduce o número de mestres e concentra a máis cativos
nas aulas de Xinzo, din os mestres.
"Cremos", din no documento que asinaron, que "este feito
parece moito máis incongruente neste curso onde, debido á pandemia causada pola
COVID 19, fai máis necesario que nunca non ter grupos numerosos para poder
contar coas debidas condicións necesarias de seguridade, respectando as
distancias implantadas polo Protocolo ditado pola Consellería de Educación,
Formación Profesional e Universidade", conclúen.
A carta asinada xa foi remitida á
Xefatura Provincial da Consellería de Educación, a que lle solicitan que
reconsidere a decisión de amortización desa praza. "Se non nos
escoitan, estou seguro que teremos o apoio das nais e pais dos cativos para
continuar cas concentracións e mobilizacións".
No hay comentarios:
Publicar un comentario