https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1347
E que non sexa por dicilo unha vez máis ...
Reflexións de Cristina Novoa no monográfico Notas para a biblioteca escolar do Programa biblioteca escolar "puntedu" do Departament d´Educació da Generalitat de Catalunya.
"A biblioteca escolar é unha oportunidade para un sitema educativo en busca de respostas a necesidades antigas e emerxentes, que demostrou a súa capacidade de resiliencia e a súa contribución á mellora das aprendizaxes e das prácticas pedagóxicas nos centros."
"Para que unha biblioteca escolar poida exercer de axente transformador no centro ten que cumprir unha serie de requisitos:
- Atención ao espazo como facilitador de experiencias.
- Renovación dos equipos de acceso e tratamento da información.
- Actualización constante da colección.
- Biblioteca física e biblioteca virtual.
- É imprescindible un equipo de apoio, interdisciplinar.
- Ha de contar cun orzamento propio.
- Toda a súa actuación ha de estar vinculada á adquisición dos contidos e competencias curriculares.
- A alfabetización informacional e mediática ha de ser un dos seu sprincipais obxectivos."
"Unha biblioteca escolar viva, activada, é un organismo resiliente que é capaz de adaptarse ás situacións máis confusas, repensar e saír adiante. Así o estamos vendo neste ano 2020, en múltiples experiencias de bibliotecas escolares galegas..."
No hay comentarios:
Publicar un comentario