Naceu en Ciutadella ( Menorca). Licenciado en Psicoloxía,
traballou case sempre no ámbito da educación infantil. Desde 1988 traballa no
Equipo de Atención Temperá de Menorca. É colaborador habitual de revistas
educativas de ámbito estatal e adoita ser requirido para facer cursos,
relatorios, seminarios..., centrados no ámbito da afectividade e o sufrimento
dos nenos e nenas, as oportunidades da vida familiar, o sentido e os obxectivos
da educación, etc.
Moitos nenos teñen fame de
amigos. Están anémicos por carencia de dose de amizade.
Setenta e cinco días de
corentena son suficientes. Están tristes! O seu ton emocional decae e, en
consecuencia o cerebro baixa a súa actividade!
Síntomas? Case nada os motiva,
apáticos. Desinterese polo xogo e cánsanse pronto de todo.
Perderon
creatividade. Aumento de desexo de distraerse coa televisión. Decae a
capacidade de esforzo e de concentración…
Descobren unha nova espontaneidade
que non coñecen entre os adultos. Ven a outros que teñen unha gama de emocións
parecidas á súa e marabíllanse percibindo tonalidades emocionais que os
convidan a novos descubrimentos.
A miúdo cantan xuntos, empoleiranse xuntos,
comen xuntos, dormen xuntos, ás veces choran xuntos e sobre todo rin xuntos.
Corren e ata caen xuntos.
Descobren que a outros lles suceden cousas que
pensaban que só os pasaba a eles. Moitas veces o “ti tamén?” é o inicio dunha
relación singular.
Estas semanas leo a miúdo escritos con mirada de adulto que
insisten que a escola é para ensinar e para aprender.
A escola, para os nenos e
as nenas, é sobre todo un lugar para descubrir a amizade e para estar cos
amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario