No Día Mundial da Bicicleta botamos a vista atrás e lembramos as saídas en bici, polas rúas de Xinzo ata a praza Carlos Casares, ata Pena ou no circuíto PUMP TRACK de Maceda...
E lembramos o noso compromiso coa saúde (sen ela todo é nada), co coidado do medio
O Día Mundial da Bicicleta, celébrase o 3 de xuño de cada ano, grazas a un decreto da ONU, proclamado no ano 2018. O obxectivo esencial de conmemorar esta data é darlle máis protagonismo a un medio de transporte como é a bicicleta e que o mesmo poida servir para paliar un pouco a crise do mundo actual debido á contaminación e ao cambio
climático que está a experimentar o planeta.
Sobre a orixe e a historia da bici. A bicicleta foi o resultado dunha serie de intentos errados para inventar un vehículo innovador e que deu como resultado, este marabilloso medio de transporte. Apareceu a mediados do século XIX.
En Alemaña o primeiro modelo estaba feito de madeira, pero non tivo moito éxito xa que, para poñela en marcha, había que empuxala cos pés.
Despois inventáronse outras, que seguían sendo rudimentarias, ata o ano 1861 cando a Ernest Michaux ocorréuselle a idea de colocar pedais dianteiros e aínda que isto non foi o ideal, serviu para dar o primeiro paso á bicicleta actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario